17.11.05

Boa nova

Hoxe recibín a nova de que unha grande amiga miña está esperando o seu primeiro fillo. Debo dicir que non me pillou de sorpresa de todo pq. xa me comentara a idea mais non pensaba eu que o dixera tan en serio. Agora vexo que si!!! Trouxome unhas pequenas imaxes, unhas borrosas ecografías nas que aparecía o diminuto corpo dun proxecto de persoa de tan só unhas semanas. Quedei algo aquelado pq. nunca até hoxe vira nada parecido. Non lle comentei nada, non soupen que dicir nin sequera manifestei a máis mínima expresión de ledicia ou sorpresa; dinlle a noraboa dunha maneira algo fría e distante, ritual de contersía, simplemente. Foi como se non fose consciente do que me estaba mostrando. Pese a iso, agora que o penso fico moi feliz e contente por ela e o seu compañeiro. Alégrome moito. Asdo. Fernán da Veiga

2 comentários:

Paquito disse...

Non, se no fondo és bo rapaz...

Multidão disse...

Calumnias, falacias e contiños da feira... non acredites moito iso. É un consello.

Asdo.

Fernán da Veiga