9.11.05

Teoría Tremendista

Son partidario da teoría de que cando un político non atina co seu discurso é pq. precisamente no seu erro está o seu atino. Dito con outras palabras, un ten esa extraña sensación de que Sarkozy, dun xeito máis ou menos pretendido, está tentando apagar o lume botándolle gasolina. Traeme á memoria declaracións tan míticas e históricas como aquelas da ministra e o seu Caldiño, as do Sr. Rajoy cos seus "hilitos"... ou, mirando para a outra bancada, aquelas do Sr. Solchaga nas que dicía que España era o sitio onde máis rapidamente un podía facerse rico. Erros? Non o creo, simplemente estratexia; saben como aproveitar todo, até o terror dunha revolta como a actual da Franza. Xa veremos se mañá ou pasado acaban tirando proveito. Tempo ao tempo. Asdo. Xoán de Requeixo.

Sem comentários: