25.11.05

O rincón feminista

O 25 de novembro de 1960 Patria, Minerva e María Teresa Mirabel, foron asesinadas a mans da policía do dictador Rafael Trujillo, o seu delito era ser activistas en contra do réxime. Para as feministas dominicanas as irmás Mirabel supoñen a loita, a superación, a resistenza da muller, son un símbolo no seu país.Así, no primeiro encontro feminista de America Latina e o Caribe en1981, declaran a data do 25 de Novembro como o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA EXERCIDA SOBRE AS MULLERES. A día de hoxe, son miles de mulleres as que sofren diariamente todo tipo de actos violentos:Terrorismo doméstico, a mans das súas parellas (tamén pode darse por outros familiares) , incluindo tanto malos tratos físicos como psicolóxicos.Agresións sexuais, violacións, acoso sexual, trata de mulleres, obrigando a moitas delas a prostituírse, venta de nenas incluso polas súas propias familias en países sen recursos, matrimonios de conveniencia tratando a muller como unha mera mercancía, sen dereitos. Por todas elas, hoxe queremos unirnos á voz das que sofren a diario a violencia en moitos casos, simplemente por ser muller, e dicirlles que non están solas. Denuncia os malos tratos, NON SEXAS CÓMPLICE.

Sem comentários: