12.11.05
Negro aniversario
Para que as cousas non se repitan debemos ter fresca a memoria de todo o acontecido durante a traxedia do Petroleiro Prestige.
Cúmplense xa 3 anos dende que todo aquel despropósito aconteceu e hai que seguir facendo o que nos corresponde como xente concienciada -galegos e non galegos-: reclamar que se poñan os medios materiais, persoais, técnicos... que eviten ou minimicen un accidente deste tipo, para que non se convirta no que finalmente foi, unha negra catastrofe.
Para iso, para seguir reclamando, para traballar para que o futuro do Mar -do noso mais tamén o dos outros- non se tiña de negro, temos unha cita ineludibel o día 13 de Santos ás 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela.
Asdo:
Fernán da Veiga
Máis información: Plataforma Nunca Máis
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário