16.11.05

Volta ao rego

Mentres escoito o meu amigo Boss e a súa "Reason to Believe" penso nas malas pasadas que me xoga, ano tras ano, esta fría e escura estación chamada Outono. Normalmente é o tempo de recuperarse dos estragos causados polo festeiro vrao mais cada vez se torna máis nunha estación morriñenta, escura mais non por iso triste; simplemente un tempo propio, meu, que teño que empregar en exclusiva para min, para atopar un camiño cara onde andar nos vindeiros meses e quizais nos vindeiros anos. Reflexiono e penso que sería necesario un retiro; agocharme, como fai o oso, nunha cova até que, por fín, chegue o día en que se faga primavera. E se non chega? Asdo. Fernán da Veiga. Pd: Terei que mercalle outra harmónica.

Sem comentários: