17.11.05

Confesións

Confesións - Ave María purísima… - Sin pecado concebida… Dime fillo, ¿qué é o que te aflixe? - Verá Padre,… creo que a pasada fin de semana cometín uns pecados moi graves… ¡pecados capitais Padre! - ¡¿Cómo dis meu fillo?! ¿qué pecados?, cóntame… - Verá Padre, o sábado pasado creo que cometín pecado de Soberbia e Avaricia… e ademáis iso levoume a mentir tamén, ¡e de maneira interesada! Padre. - Iso é moi grave fillo, xa sabes que si cometes algún dos pecados capitais vas direitiño de cabeza o Inferno… pero cóntame, ¿qué é o que aconteceu? - ¡Ai Padre!, non me asuste,…Pois verá, ese día eu e alguns amigos saimos a rua e puxémonos a pedir a berros que a nosa educación e a nosa relixión fose obrigatoria para todo o mundo, incluso para aqueles que non son relixiosos ou teñen outras crenzas. ¡Cómo se a única verdade do mundo fose a nosa! Non tratamos de difundir a mensaxe da Igrexia, Padre, tratamos de impoñela, tratamos de obrigar a tódolos españois a estudar a relixión católica para poder obter unha educación… ¿non é iso soberbia, Padre? - Buenooo… depende… - …e ademáis pedimos que todo o mundo, catolicos, relixiosos, musulmans, ateos, agnósticos,… en fin, tódolos españois pagasen cos cartos de todos a educación católica que nos queremos impoñerlles…iso e soberbia ¿non?... e avaricia tamén. - Homeeee, eu non diría iso… - …e por si fose pouco, a soberbia e a avaricia leváronos a mentir… ¡e a insultar Padre!...houbo xente que incluso pediu que queimasen a unha señora do goberno na fogueira, ¡cómo no tempo da inquisición!... eu dixen que si o goberno non pagaba con cartos públicos a educación católica dos meus fillos nun colexio privado estaban coartando a miña liberdade, ¡Ai Padre!, ¡qué mentira tan gorda!, ¡qué soberbia tan grande!,... - ¡Tranquilo fillo!... non te aflixas… - …¡Ai meu Deus!, Padre, que iso non é o peor de todo… o peor é que canda min había centos de miles de persoas, pais de familia, homes e mulleres, monxas, políticos,… ¡e ata vinte obispos!,… e todos dicíamos o mesmo, Padre, todos fumos soberbios e avariciosos, todos dixemos mentiras interesadas… ¡Ai Padre!, ¡imos arder todos no Inferno!... - Pero fill… - …e ademáis, estou enganándome a min mesmo, Padre, porque fai uns meses apoiei unha manifestación en contra dos matrimonios homosexuais e resulta que… - ¡Acabouse!, ¡ata aquí chegamos!... - … pero… - ¡Nin “pero” nin gaitas!, ¡ninguén vai ir o Inferno!, pero vamos a ver home, ¿para qué está a confesión?... - Pois… - Pois para arrepentirte dos teus pecados, ¡qué Deus todo o perdoa!,… ¡que parece mentira que sexas católico Mariano!... ademáis, xa che dixen un cento de veces que non me digas Padre, dime Monseñor, ¡qué para iso son obispo!, ¡e ademáis da capital! - Sintoo Pad… ¡Monseñor! - Ademáis, todo o que fagas en beneficio da Santa Iglesia ben feito está, ¿qué me vas a contar?, si eu tamén estaba alí o sábado, así que fai coma min, reza un par de Avemarías e tres Padrenuestros e todo solucionado, xa non hai pecado. Anda fillo, deixa de decir parvadas, e ide pensado na próxima, que agora que a selección conseguiu clasificarse para o mundial, teremos que botarlle a culpa ó do ‘talante’ cando nos eliminen en cuartos. - Dacordo Monseñor. Moitas gracias. - Veña pois, Ego te absolvo in nomine Pater et Filli et Espiriti Sancti… - ¡Amén! - Amén fillo, ¡ala, vai con Deus! - Gracias Monseñor - De nada fillo, de nada… …¡Válgame Dios!, mira que nos saiu “rariño” este rapaz, ¡non, se agora vai resultar que ten escrúpulos e todo!… hai que ver, ¡co ben que o facía José María!

2 comentários:

Paquito disse...

Texto excelente, a verdade é q esta moi ben.

Multidão disse...

O conto estache moi ben pero é moi irreal... se é o Mariano que coñecemos todos... nin de coña falaría en galego... xa se sabe o que se dixo no seu día, antes de emigrar á capital... "Soy Rajoy y voy a Raxoi a unha junta de la Xunta"... pois iso.