28.11.05

Visita inesperada

Esta fin de semana recibín a visita dun amigo que non vía dende facía moito tempo, o Pepe, Pepiño das Festas. Levaba moito tempo sen saber nada del e non me quixo dicir onde se metera durante a súa ausencia, pese ao obstinado da miña insistencia. Coma sempre, non ben entrou pola porta e xa arranxou para sí a primeira dunha longa serie de bos cubatas. Sempre igual, meu fillo, non tes pensado cambiar nunca? Xa vas tendo certa idade por moito que che boten 26!!! Non estivo moito tempo, quizais o suficiente para que os máis botasen unhas risas cos seus desbarres e quizais tamén con certas intimidades desveladas sen o meu permiso. Finalmente, cando xa deu por feito o que pretendía, emborracharse e pillar unha lascarda de órdago, colleu e saiu pola porta sen sequera despedirse. Espero que non volte en moito tempo; A parte dos correspondentes estragos no fígado, deixame o corrazón algo encollido, engurrado coma un figo pero non deixo de terlle un certo cariño, non pensedes, simplemente non sabe gardar as formas. El é así e hai que deixalo. Asdo. Fernán da Veiga

Sem comentários: