12.11.05

O Mini-feudo

A teoría mini-feudalista do Sir de Punta Herminia é moi válida para tentar desviar a atención dos cidadáns, mesmo para facernos sentir agraviados, maltratados por esa cousa que se chama Xunta de Galiza e estender así a idea de que é unha instución que ten por único obxecto roubarlle á nosa urbe todo o poder e prestixio que esta tivo dende os reises católicos até fai pouco tempo. Voltar, outra vez máis, polos camiños vellos do debate da capitalidade, ou pretender abrir outros novos como iso da creación dunha Axencia Tributaria Coruñesa non teñen máis obxecto que o de poñer unha cortina de fume que tape os moitos problemas polos que atravesa a cidade e camuflar a excéntrica e paranoica política que dende o Pazo de María Pita se está levando a cabo. Mentres tanto nas outras localidades galegas os políticos -sexan cales sexan as súas cores- aproveitan a principal ferramenta que lles brinda a súa condición de tal -a capacidade de dialogo, a negociación- para tirar o maior proveito posibel das oportunidades que se lles poñen ao alcance da mao. Levamos padecendo moitos anos o aillamento da política -diría autista mais non quero ofender- de quen infructuosamente pretendeu construir unha "cidade-estado", de tal maneira que ficamos sós, á marxe de calquer plan, de calquer visión de futuro que pretendese ir máis aló da Ponte da Pasaxe. Aínda hai quen nos quere facer pensar que a culpa é do Mundo pq. xira cara o lado contrario ao del!!! Asdo. Xoán de Requeixo.

Sem comentários: