24.11.05
Mensaxe escrita
As veces pretendes escribir e dicir cousas de interese, reflexionar sobre acontecementos ou, cando menos, tratar de ofrecer a túa cativa e modesta visión sobre as cousas.
Pensas que tamén sería importante ofrecer outra ollada, diferente da imaxe oficial que tanto e tan ben nos venden, e poñer -sempre que os nosos coñecementos axuden- as cousas no lugar correcto; os puntos e as comas nos seus correspondentes sitios.
Decides tentalo e despois de andar un pouco por acó e por aló... atopas exactamente -salvo referencias persoais- o teu discurso, a túa mensaxe, xa escrito, plasmado e aberto ao acceso de todo o mundo.
Nese intre, no canto de lamentarte, sintes a extraña satisfacción de que hai máis xente discrepante; coincidente co teu pensamento, e máis aínda por comprobar como a maquinaria de propaganda resulta milagrosamente esteril.
Asdo.
Fernán da Veiga
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário