18.11.05
Cuestións claras
O feito de que a direita española reivindique, trate de actualizar e revisar a figura do vello dictador é un síntoma claro e evidente de que malamente poden abrazar e defender valores e posicionamentos, non xa constitucionais, se non propiamente democráticos.
Aínda dando por descontado que hai xente de ideoloxía conservadora que non ten, nin quere ter, nada que ver co que significou o anterior réxime, hai outros -quizais a maioría- que sinte nostalxia e añoranza da situación política anterior, feito este que se manifesta claramente no actual revisionismo da figura e da historia do dictador e nesa protección descarada dos signos e símbolos que representaron ao anterior sistema.
Baixo a miña modesta visión, sen pretender prender vellos lumes -nunca apagados de todo- direi que esa direita da que falo a día de hoxe ofrece unha mala, moi mala diagnose. Espero estar equivocado.
Asdo.
Xoán de Requeixo
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário