28.11.05

Podre semente

A min sinceramente nunca me pareceu un bo sinal que a dereita saira á rúa a protestar. Diferentes experiencias históricas serven de exemplo, todas elas negativas ao meu entender. Podeno facer, sí. Teñen tanto direito como o que máis e nós non llo podemos impedir nen negar; somos inxenuos á par que xenerosos. As razóns das súas protestas son meros artificios para colocar en entredito a un goberno que eles califican de feble e que quizais está sendo -coa boca pequena- un dos que máis está a traballar para facer que as cousas cambien. Como noutras ocasións non están sozinhos nesa "Santa Compaña", non, veñen dan mao dun séquito de curas e monxas e pechando a comitiva están os seus amigotes da AVT, dispostos a axudalos agora que atravesan malos momentos e para iso recurren aos argumentos máis absurdos e insultantes, a calquer cousa con tal de desacreditar ao goberno lexítimo, tanto aos ollos de España como diante de calquer país da Europa. Demencial. No fondo todos son unhes iluminados pero iluminados polo vicioso relocir do vil metal. Xa o din eles "a fe move montañas"... só hai que porlle prezo e recalificar os terreos. Deixándonos de brincadeiras e caralladas, a cousa paréceme seria e preocupante, non tanto por eles, se non pq. sei que a base de repetir e repetir... algún acabará aprendendo a cantinela e non sabemos que resultado podemos sacar de tan podre semente. Nada bo, penso eu. Asdo. Xoán de Requeixo.