1.12.05
Estudando o reparto
Non tardaches nen un só día en comezar a fregar as maos, pensando nas talladas que vas tirar de semellante pastel.
Levas moito tempo, moito esforzo, moito suor derramado, moito traballo adicado ao teu propósito pero finalmente vas ter merecida recompensa.
Agora que xa está decidida a axuda da c. Económica europea, xa tes "deseñador" que lle dea xeito á cousa, que planifique exactamente, detalle a detalle, edificio a edificio, que parte lle toca a cada quen.
E se despois o novo porto resulta inservibel, se é certo que terá que estar pechado unhes meses ao ano por mor do bravo mar, se o futuro da cidade fica certamente comprometido... que lle pidan contas ao rei, ou a Europa, que para iso puxeron os cartos.
Daquelas o noso sirciño xa terá amañado un bo retiro, que non o molesten.
Asdo.
Xoán de Requeixo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
A verdade é q é unha vergonza e un trato discriminatorio, xa non so para Vigo senon para o resto da comunidade galega. Espero q se tomen medidas ó respecto.
E logo???? A "Ocarina" tamén quería levar algo???
Asdo.
Xoán de Requeixo
Pd: Sei ao que te refires e certamente -aínda que paralelo ao meu discurso- é unha realidade.
Enviar um comentário