27.12.05
A última do Sir
Nos mentideiros "lacoruñeses" coméntase moito a última idea do Sir. Punta Herminioso. Dícese que ten pensado erguer unha grande estatua, unha nova sorte de Corcobado, coa súa figura, mais no canto de ter os brazos en cruz, estaría representado cun brazo alzado e o outro encollido, abrazando un exemprar da súa sacrosanta constitución.
Ciscados polo gran xardín haberá unha representación de todas medallas que o noso heroe foi conquerindo ao longo dos moitos anos de gobernos, unhas veces conservadores e outras máis conservadores aínda.
Para darlle unha mellor ambientación, os visitantes poderán tomar o ascensor que se está a construir para ascender dende a base do monte. Ao chegar á cima, facendo un percorrido polo interior da estatúa, acabarán á altura mesma dos seus ollos e poderán mirar á urbe, a súa máxima creación, coa mesma ollada coa que o seu benefactor a deseñou; "a vista de paxaro" (*).
Asdo.
Xoán de Requeixo
(*) Por prudencia evitarei dicir que tipo de paxaro.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário