26.12.05

Experimento extraño

Fai unhes días tentei levar a cabo un experimento entre as diversas persoas que conforman o grupo O Alpendre, dirixíndome especialmente ás mulleres. Para iso, aproveitando a coxuntural resaca despois dunha noite de troula, escribín, a modo de confesión, un texto suficientemente descarnado e noxento como para sementar a dúbida entorno a se aquela noite mantiveramos relacións cunhas prostitutas. O documento envieino como correo electrónico ao grupo. Afortunadamente a cousa non fructificou e a nivel xeral non tivo moita credibilidade, non sei se polo propio texto ou polo coñecemento -e inxenua boa fé- que teñen de un determinadas mulleres. Diría que foi unha proba arriscada, dado que non sabía que tipo de reacción terían elas e máis aínda coñecendo a súa aberta militancia feminista... pero pese a iso dedicín presentarvos o texto tal cual e que cada quen valore segundo lle pareza. Espero que o saibades contextualizar e que non mo tome a mal ninguén. Vai con todo o respeito. Asdo. Eáns de Cotón Pd: Algunhas das reaccións suscitadas -que de todo houbo- foron: incredulidade, curiosidade morbosa, cachondeo, semi-comprensión e mesmo houbo quen só se preocupou por quen lle interesaba, coma quen que os máis non tiñamos máis significancia. Qué pasasaría se...? (A semente da dúbida) "Qué pasaría se aqui, neste modesto foro, un fixese a correspondente e obrigada limpeza moral e declarase ter utilizado unha muller, previo pago dunha certa cantidade, para satisfacer os meus máis baixos instintos, instintos de home porcallón? Compréndase, é humano o alivio dunha dor, non si? Podería dicirvos que así foi, e que foi unha experiencia que efectivamente acadou suceso pretendido e mesmo podería barallar coa posibilidade de ter tirado maior proveito que o estrictamente carnal; xa sabedes aquelo que sempre se dí, iso de que é algo polo cal todo home -que se teña por tal, claro- debería pasar nalgún momento da súa vida. Nunca antes me vira naquela tesitura, creo que posibelmente non repetirei iso de recibir aloumiños e caricias que un non encontra doutra maneira por unha simple transferencia económica. Sincerándome engadirei que non se pode atopar a plenitude nen aquelo que entendemos por amor nunha prostituta mais, facendo a correspondente reflexión, direi que sí o cariño e o consolo para aquel que se sinte baleiro e tan sozinho coma min. Digamos que é un substituto eficaz sempre que o camufles tras un bon disfraz de viño e a conseguinte máscara de alcohol. Resulta algo artificial, mais o seu corpo, o corpo da puta, é igual de acolledor e quenturento que o de calquer outra muller; quizais non demostra tanto entusiasmo pero si maior pericia, que conste; non se lle poden negar os seus máis que merecidos méritos. Para a vosa información direi que non tomei a molestia de preguntarlle máis ca o seu nome e a súa procedencia... Non sei se dixo colombiana ou venezolana; era algo máis nova ca min ou iso creo; certamente tanto teñen agora eses detalles e ademáis coa enchenta alcohólica... nin lle entendín nin me preocupou en demasía. Supoño que sería absurdo entablar maiores dialogos, a fin de contas ela estaba traballando, gañando o seu pan e eu disposto a que me correspondera con aquelo polo que eu paguei. De camiño a casa, a conciencia quixo facer acto de presenza unha vez máis; eu vina asomar a cabeza á volta da esquina, pero, por unha vez, alcei a voz e mandeina tomar polo cú. Coa axuda dos meus dous compañeiros, compañeiros digamos de "fatigas", puteiros igualmente, corrimos detrás dela, mantándoa brutalmente a patadas... Hoxe viña a súa foto no xornal "La Región", a miña, a nosa, conciencia alí tirada, no medio dun charco de sangue á beira mesmo da fonte das Burgas. Espero que se nos desculpe... foi sen querer."

Sem comentários: