19.12.05

Sempre o mesmo

Despois da vaga de chapapote que asolou o noso mar e deixou asfaltada a nosa costa, despois daquilo... agora nos queda aturar, mirar coa impotencia de quen nada pode facer, como van convertir o noso litoral, aquelas zonas máis virxes e fermosas que quedan, en urbanizacións de ladrillo e formigón, para que os de madride -os das grandes constructoras- enchan o peto e os guiris teñan un recanto tranquilo onde poñer o cú ao sol, a pé de praia. É algo que me provoca arrepíos. Confeso que onte malamente puiden durmir pensando no tema, claro que onte collín algún que outro libro de poemas que falan do amor á terra, ao mar, ao curruncho que temos por país e que tan pouco nos merece. Dame noxo pensar que pese ao cambio, nada cambiou, xa que todo segue igual ou peor. Non hai quen lle vaia por freo a estes piratas antes de que estraguen entornos privilexiados como o da Praia de Baroña, lugar mítico, maravilloso e especial como poucos? Outra volta estamos S.O.S, outra volta impotencia ante unhes políticos impresentabeis, ocupados en quedar ben bonitos nas fotos e en gañar cartos; é obvio, sempre o mesmo. Renegados! Esquirois! "Hijos de Tal por Cual"... Chamariavos vendidos pero sei que respostariades asiña dicíndome... "vendidos, sí... pero, amigo, a que prezo!!!". Asdo: Xoán de Requeixo

Sem comentários: