18.12.05
Chapa e pintura
Esta foi unha fin de semana tranquila e laboriosa, resultado da perfecta división do traballo de xeito que un pouco lle correspondeu á familia, outro pouco ao xardín e o resto, esa miguiña pequena e nocturna, quedou reservado para consumo persoal que adiquei á limpeza e reparación (chapistería "feita na casa", xa sabedes) da miña modesta e vella vespa.
Mañá unha mauciña de pintura e á carretera, "nova do trinque". Oxala todo tivera tan fácil remedio, non si?
Asdo.
Fernán da Veiga
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário