30.12.05

2005, un ano de Alpendre

Qué mellor maneira de finiquitar un ano que esta idea de deixar a modo de recordo este arquivo, o número 200 desta bitácora que este mesmo ano naceu, e que tantas visitas tivo. Duascentas entradas é unha marca que non está nada mal. Moitas cousas nos aconteceron durante este ano a toda a xente do alpendre. Houbo festas, visitas culturais, feitos sorprendentes, outros lamentables, moito cachondeo…, en definitiva, un ano cheo de cousas interesantes que neste resumo preténdense recordar cara a posteridade. Imos elaborar una lista con momentos malos e bos que foron acontecendo durante o 2005, e facendo un mini comentario ó respecto de cada un. Primeiro rollo lésbico alpendreiro (boa): un dos desexos eróticos de calquer home tivo lugar este ano entre dúas membras do alpendre. A todos de seguro que nos gostaría ter estado formando un trío con esas dúas mulleres. A Suposta gran noite de putas (mala): naceu como idea nunha noite de troula por Ourense, cousas do Fernán da Veiga, para xerar polémica entre as femias alpendreiras, pero todo quedou nun soado fiasco. Troula "á venezolana" en Celanova (boa): qué noite a de aquel día. Mozas a esgalla por tódolos lados, litros e litros de calimotxo no corpo, e moita fotografía que deixou a proba de que o pasamos realmente ben. Todo rematou sobando no coche do Fernán da Veiga ás 7 da mañán. O Fernán da Veiga aínda recorda coma lle falaba galego unha venezolana buenérrima (alo menos iso dicía el entre cubata e cubata). O nacemento do "homolanderismo"(boa): a ciencia certa todavía non se sabe se isto foi algo bo ou malo, pero esta tendencia varonil xa existente cobrou forma e púidose por fin denominar dalgunha maneira. O Fernán da Veiga quedará como abandeirado único e exclusivo desta singular corrente social, e Alfredo Landa (na súa etapa máis "destapeira"), o presidente de honra do clube. Morte dos amigos Mangouras & Co (mala): tamén houbo tempos duros e difíciles, particularmente a perda dos nosos amigos C.K. Mangouras, Adrian Solovio, Abuelo Cebolleta, Paulo e o noso particular guerreiro Pedro Froilaz supuxo unha perda irreparable para moitos, ou para algún, dos que formamos este pequeno grupo. Aínda se poden ver as súas tumbas aló no Trese. Un recordo, amigos, para eles. Sempre no "corasón”. Il Alpendri (boa): o alpendre estivo representado da man de chapuskin durante case que medio ano dende Italia, na particular cidade de Nápoles para máis detalle. O erasmus foi aproveitado ata o último día nun país onde a súa beleza non fai máis que deixar boquiaberto a todo aquel que o visita. Aquel “Diario de un patriota” permanecerá para a posteridade cómo símbolo para sobrevivir no Iraque europeo. O tamaño da polla do individuo de "El Couto" (boa): era un segredo a voces, e este ano quedou confirmado: o semi-home de El Couto sofre de infantilismo sexual. Isto ten que ver con outro caso importante do alpendre desde ano, que ten que ver co seu desposeemento do título de home que será comentado máis abaixo. Frustrante "o señor do anel" (bo): para moitos o exemplo a seguir, para outros unha máquina sexual. De calquer maneira, a besta de Teis mantivo este ano ese halo de masculinidade fervente que ten tolas a tódalas mozas que proban os seus encantos. Pensábase que o seu segredo estaba no seu anel, mais comprobouse que non era certo, unha vez o Fernán da Veiga tratou de sacarlle partido e a cousa foille coma sempre: non lle foi. "Traballos forzados na Alemaña" (mao ou bo): cando todos xa pensabamos que o holocausto nazi rematara, este ano puidemos comprobar que nada máis lonxe da realidade. Un resurxir na Alemaña do citado e horrendo sistema de campos de traballo deuse a coñecer, pero para sorpresa e horror da humanidade unha diferenza se demostrou: agora son voluntarios... e a xente acode igual. Algo falla nas cabezas da xente. "Ortegal, unha receita revlonlucionaria" (boa): a fermosura das vistas e as terras da Galicia norte foron testemuña dun fito na historia gastronómica mundial. Un bote de xel de baño, chamado Revlon, revlonlucionou o arte da cociña ó engadir un sabor e unha textura sen igual ós pratos que os alpendreiros presentes puideron degustar. Por desgraza, non a todo o mundo lle sentaron igual as citadas pitanzas, pois algún que outro demostrou non ter afeito ó estómago a tales manxares. Ano da Censura (mao): coma nos tempos do generalísimo Paquito, a censura informativa tinguiu de negro por un tempo a realidade no alpendre. Fernán da Veiga, axitador de masas de profesión, veu truncada a súa meteórica xestión maruxil ante as críticas das súas máis substanciosas vítimas (proceden, ó parecer, dous de El Hierrol, e o outro do marxinal barrio de Teis), ás cales manexaba ó seu antollo ata que un día dixeron basta e aplicaron unha férrea lei do silencio ó coñecido difamador. A veracidade dos feitos nunca foi demostrada, mais a frase “é que estes me censuran” pasou á historia do ano como a frase máis repetida. "Como encender a una mujer" Edición Estatística (mao): quizais foi o marrón máis escuro do ano. Os representantes masculinos heteros do alpendre, reunidos en xunta xeral, realizaron un bocexo calificatorio ó respecto das virtudes e defectos das nosas ben queridas rapazas alpendreiras. Unha man escura da cidade das burgas tinguiu de cor negra o que pretendía ser unha coña, faltou á palabra cos seus compañeiros de xunta, e obrou sen consenso ante tan delicado asunto. Todos saímos co cu quente, CASE todos avergoñados, e arrepentidos ante un suceso que desexamos non se repita máis. Tras isto, o representante ourensán foi destituído como home do alpendre, algo que, como se comentaba anteriormente, demostrou que os eu infantilismo sexual non era un factor illado no seu proceder habitual: todo tiña que ver. "O Abducido" (mao): antigamente, un dos membros do alpendre, nado en Monforte, era un asiduo dos correos diarios “y de las fiestas de guardar”. Un bo día, o amor cruzouse no seu camiño, e a súa persoa desvaneceuse, desapareceu, e hoxe en día, os que teñen a sorte de o ver, din del que non é máis que un espectro, e que vive como abducido e absorto por unha muller que non deixa que ninguén poida compartir o seu tempo con el. A recompensa que se pide pola súa cabeza aínda está vixente. "The Trouxa Attack" (boa): a intensidade e as emocións no transcorrer deste tempo de vida alpendreira chegaron, en máis dunha ocasión, a seren desbordantes. É comprensible, hai que estarlle moi afeito e saber levar o ritmo. "Anafata" (boa): a precariedade laboral que asola este país fixo que unha membra do alpendre tomase medidas de altura. Se xa non lle era abondo ser a moza máis alta do grupo, agora vai para azofaifa de voos, para así deixar máis en evidencia aínda ás súas compañeiras de tertulia. Disque fala idiomas e gasta un humor retranqueiro que non deixa indiferente, tamén está por confirmar. Pois, xente, un ano máis vaise alá, e agardemos que sexan moitos máis. Aínda que este 2005 que fenece deu moito de si, todos esperamos que o 2006 sexa polo menos tan bo coma este, e que a amizade que a todos nos une perdure, e que os encontros entre todos nós poidan ser algo máis frecuentes do que son, e con máis participantes. Sei que é compricado, máis, por pedir que non quede. Feliz 2006.

Sem comentários: