11.12.05

Realidade teimuda

Hoxe veñen na prensa as gravacións que demostran que todo sucedido co "accidente" do Prestige foi unha decisión política, non técnica, e que esta foi tomada ás poucas horas de darse o aviso de emerxencia. Todas elas son cousas que todos supoñiamos, tiñamos o convencemento de que o acontecido, esa sucesión de despropósitos non era casual, se non propia dunhes impresentabeis representantes políticos. Así foi. Agora que os documentos demostran o que xa demostrara a cruel realidade a máis de un e a máis de dous se lle deberían pedir contas, mesmo xudicialmente, para que lle dean as merecidas explicacións a todos os que observamos con aquela rabia e aquela dor, aquela impotencia, como se fraguaba a xogada. Hai que manter fresca a memoria e non deixar que nos tomen por simples monicreques idiotas. Debemos lembrar as actitudes, os feitos, as palabras e como non, lembrar aqueles "hilitos" que aínda hoxe nos teñen chapapoteado o recordo. Asdo. Xoán de Requeixo. Pd: Alén do anterior tamén é obrigado reclamar medidas e non calar Nunca Máis. Esto último vai polo reparto dos barcos anticontaminación; reparto no que novamente Galiza fica fóra.

1 comentário:

Anónimo disse...

Queda claro que hai que ir prendendo un bon lume e montar unha boa fogueira onde queimar -figurativamente e politicamente falando, claro- todos aqueles individuos que tiveron responsabilidade, de actuación, política ou mediática, naqueles días. Non sei, veñenme á cabeza nomes: Cascos, Rajoy, N. Feixoo, López Veiga, Ansar, F. Trillo-Figueroa, Paco Vázquez,... e tantos outros que non consigo lembrar, debe ser un mecanismo de autodefensa.

Asdo:

Fernán da Veiga

Habería que preguntarse tamén a que estaba xogando o PSOE, pq. tanta demora, tanta dilación na aparición deste material?? É que queren taparse os unhes aos outros, como tantas veces? Boa reflexión, eu penso.