11.12.05
Realidade teimuda
Hoxe veñen na prensa as gravacións que demostran que todo sucedido co "accidente" do Prestige foi unha decisión política, non técnica, e que esta foi tomada ás poucas horas de darse o aviso de emerxencia.
Todas elas son cousas que todos supoñiamos, tiñamos o convencemento de que o acontecido, esa sucesión de despropósitos non era casual, se non propia dunhes impresentabeis representantes políticos. Así foi.
Agora que os documentos demostran o que xa demostrara a cruel realidade a máis de un e a máis de dous se lle deberían pedir contas, mesmo xudicialmente, para que lle dean as merecidas explicacións a todos os que observamos con aquela rabia e aquela dor, aquela impotencia, como se fraguaba a xogada.
Hai que manter fresca a memoria e non deixar que nos tomen por simples monicreques idiotas. Debemos lembrar as actitudes, os feitos, as palabras e como non, lembrar aqueles "hilitos" que aínda hoxe nos teñen chapapoteado o recordo.
Asdo.
Xoán de Requeixo.
Pd:
Alén do anterior tamén é obrigado reclamar medidas e non calar Nunca Máis. Esto último vai polo reparto dos barcos anticontaminación; reparto no que novamente Galiza fica fóra.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Queda claro que hai que ir prendendo un bon lume e montar unha boa fogueira onde queimar -figurativamente e politicamente falando, claro- todos aqueles individuos que tiveron responsabilidade, de actuación, política ou mediática, naqueles días. Non sei, veñenme á cabeza nomes: Cascos, Rajoy, N. Feixoo, López Veiga, Ansar, F. Trillo-Figueroa, Paco Vázquez,... e tantos outros que non consigo lembrar, debe ser un mecanismo de autodefensa.
Asdo:
Fernán da Veiga
Habería que preguntarse tamén a que estaba xogando o PSOE, pq. tanta demora, tanta dilación na aparición deste material?? É que queren taparse os unhes aos outros, como tantas veces? Boa reflexión, eu penso.
Enviar um comentário