27.12.05

Fin do ano

Estamos a poucos días do remate deste ano 2005, ano que coma sempre presenta os seus claros e os seus escuros. Dende o punto de vista galego este 2005 representou moito máis que un ano calquera; significou o comezo dunha etapa distinta, da recuperación da ilusión e o espíritu democrático, logo de moitos anos de goberno monocor e dunha aplastante maioría absoluta. Foi un cambio dificil, sen anestexia, unha loita apretada, emocionante en exceso, prorrogada até o último minuto -na nosa liña de sempre, non podía ser menos-. Ao final produciuse e cristalizaron os desexos e esperanzas de moitos. Tempo teremos de comprobar como transcorre a nosa vida neste novo 2006. Sorte para todos. Asdo Fernán da Veiga

Sem comentários: