21.12.05
Servizos de "intelixencia"
Pensar que eses autodenominados "servizos de intelixencia" americanos perden o seu tempo malgastando os seus esforzos en espiar e investigar a vexetarianos e ecoloxistas é un detalle que chega a ter o seu pequeno puntiño idealista -deixando á marxe o corte de liberdades que supón, obviamente-.
Cando escoitei a nova na radio o primeiro que pensei foi en titulares de prensa do tipo "Detida unha muller por ir armada cunha perigosa calabaza, medio quilo de mazás e un feixe de grelos" ou "Investigan en Lalín a un sospeitoso por non querer probar un anaco de lacón"... foi coma quen -dada a inxenuidade e ilusión teórica que producen estas tamén teóricas entrañabeis datas- os terristas e os asasinos colgaran os rifles e as bombas, coma quen que os policias non tiñan nada mellor que revisar que as bolsas da compra.
Oxala fosen tan simples e graciosas as cousas mais non o son, todo o contrario, a realidade é moito máis fea, fría e cruel e non hai lugar a soños nin ilusións deste tipo.
Quizais se trate dunha inocentada adiantada. Tamén pode ser.
Asdo:
Fernán da Veiga.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário