30.12.05

2005, un ano de Alpendre

Qué mellor maneira de finiquitar un ano que esta idea de deixar a modo de recordo este arquivo, o número 200 desta bitácora que este mesmo ano naceu, e que tantas visitas tivo. Duascentas entradas é unha marca que non está nada mal. Moitas cousas nos aconteceron durante este ano a toda a xente do alpendre. Houbo festas, visitas culturais, feitos sorprendentes, outros lamentables, moito cachondeo…, en definitiva, un ano cheo de cousas interesantes que neste resumo preténdense recordar cara a posteridade. Imos elaborar una lista con momentos malos e bos que foron acontecendo durante o 2005, e facendo un mini comentario ó respecto de cada un. Primeiro rollo lésbico alpendreiro (boa): un dos desexos eróticos de calquer home tivo lugar este ano entre dúas membras do alpendre. A todos de seguro que nos gostaría ter estado formando un trío con esas dúas mulleres. A Suposta gran noite de putas (mala): naceu como idea nunha noite de troula por Ourense, cousas do Fernán da Veiga, para xerar polémica entre as femias alpendreiras, pero todo quedou nun soado fiasco. Troula "á venezolana" en Celanova (boa): qué noite a de aquel día. Mozas a esgalla por tódolos lados, litros e litros de calimotxo no corpo, e moita fotografía que deixou a proba de que o pasamos realmente ben. Todo rematou sobando no coche do Fernán da Veiga ás 7 da mañán. O Fernán da Veiga aínda recorda coma lle falaba galego unha venezolana buenérrima (alo menos iso dicía el entre cubata e cubata). O nacemento do "homolanderismo"(boa): a ciencia certa todavía non se sabe se isto foi algo bo ou malo, pero esta tendencia varonil xa existente cobrou forma e púidose por fin denominar dalgunha maneira. O Fernán da Veiga quedará como abandeirado único e exclusivo desta singular corrente social, e Alfredo Landa (na súa etapa máis "destapeira"), o presidente de honra do clube. Morte dos amigos Mangouras & Co (mala): tamén houbo tempos duros e difíciles, particularmente a perda dos nosos amigos C.K. Mangouras, Adrian Solovio, Abuelo Cebolleta, Paulo e o noso particular guerreiro Pedro Froilaz supuxo unha perda irreparable para moitos, ou para algún, dos que formamos este pequeno grupo. Aínda se poden ver as súas tumbas aló no Trese. Un recordo, amigos, para eles. Sempre no "corasón”. Il Alpendri (boa): o alpendre estivo representado da man de chapuskin durante case que medio ano dende Italia, na particular cidade de Nápoles para máis detalle. O erasmus foi aproveitado ata o último día nun país onde a súa beleza non fai máis que deixar boquiaberto a todo aquel que o visita. Aquel “Diario de un patriota” permanecerá para a posteridade cómo símbolo para sobrevivir no Iraque europeo. O tamaño da polla do individuo de "El Couto" (boa): era un segredo a voces, e este ano quedou confirmado: o semi-home de El Couto sofre de infantilismo sexual. Isto ten que ver con outro caso importante do alpendre desde ano, que ten que ver co seu desposeemento do título de home que será comentado máis abaixo. Frustrante "o señor do anel" (bo): para moitos o exemplo a seguir, para outros unha máquina sexual. De calquer maneira, a besta de Teis mantivo este ano ese halo de masculinidade fervente que ten tolas a tódalas mozas que proban os seus encantos. Pensábase que o seu segredo estaba no seu anel, mais comprobouse que non era certo, unha vez o Fernán da Veiga tratou de sacarlle partido e a cousa foille coma sempre: non lle foi. "Traballos forzados na Alemaña" (mao ou bo): cando todos xa pensabamos que o holocausto nazi rematara, este ano puidemos comprobar que nada máis lonxe da realidade. Un resurxir na Alemaña do citado e horrendo sistema de campos de traballo deuse a coñecer, pero para sorpresa e horror da humanidade unha diferenza se demostrou: agora son voluntarios... e a xente acode igual. Algo falla nas cabezas da xente. "Ortegal, unha receita revlonlucionaria" (boa): a fermosura das vistas e as terras da Galicia norte foron testemuña dun fito na historia gastronómica mundial. Un bote de xel de baño, chamado Revlon, revlonlucionou o arte da cociña ó engadir un sabor e unha textura sen igual ós pratos que os alpendreiros presentes puideron degustar. Por desgraza, non a todo o mundo lle sentaron igual as citadas pitanzas, pois algún que outro demostrou non ter afeito ó estómago a tales manxares. Ano da Censura (mao): coma nos tempos do generalísimo Paquito, a censura informativa tinguiu de negro por un tempo a realidade no alpendre. Fernán da Veiga, axitador de masas de profesión, veu truncada a súa meteórica xestión maruxil ante as críticas das súas máis substanciosas vítimas (proceden, ó parecer, dous de El Hierrol, e o outro do marxinal barrio de Teis), ás cales manexaba ó seu antollo ata que un día dixeron basta e aplicaron unha férrea lei do silencio ó coñecido difamador. A veracidade dos feitos nunca foi demostrada, mais a frase “é que estes me censuran” pasou á historia do ano como a frase máis repetida. "Como encender a una mujer" Edición Estatística (mao): quizais foi o marrón máis escuro do ano. Os representantes masculinos heteros do alpendre, reunidos en xunta xeral, realizaron un bocexo calificatorio ó respecto das virtudes e defectos das nosas ben queridas rapazas alpendreiras. Unha man escura da cidade das burgas tinguiu de cor negra o que pretendía ser unha coña, faltou á palabra cos seus compañeiros de xunta, e obrou sen consenso ante tan delicado asunto. Todos saímos co cu quente, CASE todos avergoñados, e arrepentidos ante un suceso que desexamos non se repita máis. Tras isto, o representante ourensán foi destituído como home do alpendre, algo que, como se comentaba anteriormente, demostrou que os eu infantilismo sexual non era un factor illado no seu proceder habitual: todo tiña que ver. "O Abducido" (mao): antigamente, un dos membros do alpendre, nado en Monforte, era un asiduo dos correos diarios “y de las fiestas de guardar”. Un bo día, o amor cruzouse no seu camiño, e a súa persoa desvaneceuse, desapareceu, e hoxe en día, os que teñen a sorte de o ver, din del que non é máis que un espectro, e que vive como abducido e absorto por unha muller que non deixa que ninguén poida compartir o seu tempo con el. A recompensa que se pide pola súa cabeza aínda está vixente. "The Trouxa Attack" (boa): a intensidade e as emocións no transcorrer deste tempo de vida alpendreira chegaron, en máis dunha ocasión, a seren desbordantes. É comprensible, hai que estarlle moi afeito e saber levar o ritmo. "Anafata" (boa): a precariedade laboral que asola este país fixo que unha membra do alpendre tomase medidas de altura. Se xa non lle era abondo ser a moza máis alta do grupo, agora vai para azofaifa de voos, para así deixar máis en evidencia aínda ás súas compañeiras de tertulia. Disque fala idiomas e gasta un humor retranqueiro que non deixa indiferente, tamén está por confirmar. Pois, xente, un ano máis vaise alá, e agardemos que sexan moitos máis. Aínda que este 2005 que fenece deu moito de si, todos esperamos que o 2006 sexa polo menos tan bo coma este, e que a amizade que a todos nos une perdure, e que os encontros entre todos nós poidan ser algo máis frecuentes do que son, e con máis participantes. Sei que é compricado, máis, por pedir que non quede. Feliz 2006.

Chegou o día

O de hoxe foi un día para a historia, un día que moitos galegos e galegas non esqueceremos, un día onde por fin se cumpriu un soño que moitos tiñamos dende fai tempo. Máis de 60 anos fixeron falla para poder desfrutar do momento histórico de hoxe, pero ó fin, grazas ó cambio de réxime de mediados de ano (a caída do inmortal Fragasaurio), Galicia conta por fin con unha selección de fútbol. Sempre que chegaban estas datas de Nadal, os gustosos do fútbol viamos con tristura coma outras seleccións coma Cataluña, Madrid ou Euskadi xogaban bolos con seleccións estranxeiras e nós, tódolos anos, faciamos a mesma pregunta cara os nosos adentros: ¿cando poderemos nós tamén desfrutar dese pracer de poder ver á nosa selección, coas nosas cores, e escoitando o himno da nosa terra?. A resposta tivémola hoxe, o 29 de decembro dun 2005 que se vai, e onde por fin os galegos tivemos a honra de poder degustar ese momento. O rival era Uruguai, dúas veces campiona do mundo, un equipo que xa fora rival da antiga selección galega nos anos 20, pouco antes de que o Uruguai ganase os seus primeiros Xogos Olímpicos nesta disciplina do fútbol, anos antes de facelo tamén no Mundial de 1930. Era un rival significativo, xa que este foi un dos países de destino de moitos inmigrantes galegos na época da dictadura franquista de tan infausto recordo. A nivel futbolístico ben é certo que esta selección non é o que era, ademais de estar nun proceso de rexuvenecemento tralo fracaso de non clasificarse para o vindeiro Mundial de Alemaña deste próximo verán, iso si, contaba nas súas filas con xogadores de ascendencia galega, como non podía ser doutra forma. O resultado, os goles ou incluso os xogadores participantes son o de menos, pero penso que é obrigado destacar ilustres veteráns coma o mundialista céltico Xurxo Otero, que esperou a este día para poñer fin á súa carreira deportiva, o madridista Míchel Salgado ou o centrocampista do Rácing de Ferrol Juanito, pola labor durante moitos anos que viñeron facendo para que este día chegase, ó igual co deportivista Fran (non xogou por estar lesionado) ou o hoxe delegado desta selección, o ex do Celta e Compostela Nacho. Ademais, tamén hai que salientar o papel dun ilustre, Arsenio Iglesias, o pai do Superdepor; e de Fernando Vázquez á fronte do equipo dende o banco, aportando veteranía e clase no campo. O importante, sen dúbida, é a satisfacción de que por fin Galicia poida defender as súas cores nun campo de fútbol, escoitar o seu propio himno nun estadio onde a xente, con emoción, cante ó aire de Santiago, e poder ver un escudo dun país nunha camiseta, un escudo que hoxe representou, ante o mundo, a un pobo que, a partir deste feito, continuará cara o futuro coa cabeza ben alta, demostrando que esta sociedade progresa, e sobre todo, con todo un pobo galego orgulloso de pertencer a este país.

29.12.05

Troco obrigado

Nesta tarde de acontecementos futeboleiros, co ansiado e retrasado re-estreo da nosa seleccionciña,... obrigado é anunciar que cambio de chaqueta... renuncio a ser do Depor!!!!... e xa veremos se acabo no Celta. Asdo. Xoán de Requeixo

28.12.05

O meu tres por cinco quince

Discos (¿Só cinco? ¿Estades tolos? ¿Como poño a discografía completa da Pantoja?) Mercedes Peón: Ajrú, por exemplo Win Mertens: Motives for writing, ou Integer Valor Integrale Dead can dance - Into the labrynt Hedningarna - Trä , por exemplo Jeff Buckley - Grace (Só pola versión do Hallelujah merecía estar no cumio da música moderna, por riba dos Beattles, os Rolling e calquera outro). Philip Glass - Concerto for Violin and Orchestra Libros Memorias de Adriano, de Marguerite Yourcenar El peor viaje del mundo, de Apsley Cherry-Garrard El camino, de Kerouak Invierno en la Montaña, de Walt Morey. Estou disposto a pagar por un exemplar deste libro xuvenil. Así de claro volo digo. Teño un trauma infantil que preciso solucionar. El camino, de Miguel Delibes Peñícolas ou flimes Non vou moito o cine, así que non teño moitas favoritas. Leolo, de Jean-Claude Lauzon. Aquí, unha sesuda análise. Rompiendo las olas, de Lars von Trier 2001: odisea en el espacio, de Kubrick

27.12.05

A última do Sir

Nos mentideiros "lacoruñeses" coméntase moito a última idea do Sir. Punta Herminioso. Dícese que ten pensado erguer unha grande estatua, unha nova sorte de Corcobado, coa súa figura, mais no canto de ter os brazos en cruz, estaría representado cun brazo alzado e o outro encollido, abrazando un exemprar da súa sacrosanta constitución. Ciscados polo gran xardín haberá unha representación de todas medallas que o noso heroe foi conquerindo ao longo dos moitos anos de gobernos, unhas veces conservadores e outras máis conservadores aínda. Para darlle unha mellor ambientación, os visitantes poderán tomar o ascensor que se está a construir para ascender dende a base do monte. Ao chegar á cima, facendo un percorrido polo interior da estatúa, acabarán á altura mesma dos seus ollos e poderán mirar á urbe, a súa máxima creación, coa mesma ollada coa que o seu benefactor a deseñou; "a vista de paxaro" (*). Asdo. Xoán de Requeixo (*) Por prudencia evitarei dicir que tipo de paxaro.

Fin do ano

Estamos a poucos días do remate deste ano 2005, ano que coma sempre presenta os seus claros e os seus escuros. Dende o punto de vista galego este 2005 representou moito máis que un ano calquera; significou o comezo dunha etapa distinta, da recuperación da ilusión e o espíritu democrático, logo de moitos anos de goberno monocor e dunha aplastante maioría absoluta. Foi un cambio dificil, sen anestexia, unha loita apretada, emocionante en exceso, prorrogada até o último minuto -na nosa liña de sempre, non podía ser menos-. Ao final produciuse e cristalizaron os desexos e esperanzas de moitos. Tempo teremos de comprobar como transcorre a nosa vida neste novo 2006. Sorte para todos. Asdo Fernán da Veiga

26.12.05

Experimento extraño

Fai unhes días tentei levar a cabo un experimento entre as diversas persoas que conforman o grupo O Alpendre, dirixíndome especialmente ás mulleres. Para iso, aproveitando a coxuntural resaca despois dunha noite de troula, escribín, a modo de confesión, un texto suficientemente descarnado e noxento como para sementar a dúbida entorno a se aquela noite mantiveramos relacións cunhas prostitutas. O documento envieino como correo electrónico ao grupo. Afortunadamente a cousa non fructificou e a nivel xeral non tivo moita credibilidade, non sei se polo propio texto ou polo coñecemento -e inxenua boa fé- que teñen de un determinadas mulleres. Diría que foi unha proba arriscada, dado que non sabía que tipo de reacción terían elas e máis aínda coñecendo a súa aberta militancia feminista... pero pese a iso dedicín presentarvos o texto tal cual e que cada quen valore segundo lle pareza. Espero que o saibades contextualizar e que non mo tome a mal ninguén. Vai con todo o respeito. Asdo. Eáns de Cotón Pd: Algunhas das reaccións suscitadas -que de todo houbo- foron: incredulidade, curiosidade morbosa, cachondeo, semi-comprensión e mesmo houbo quen só se preocupou por quen lle interesaba, coma quen que os máis non tiñamos máis significancia. Qué pasasaría se...? (A semente da dúbida) "Qué pasaría se aqui, neste modesto foro, un fixese a correspondente e obrigada limpeza moral e declarase ter utilizado unha muller, previo pago dunha certa cantidade, para satisfacer os meus máis baixos instintos, instintos de home porcallón? Compréndase, é humano o alivio dunha dor, non si? Podería dicirvos que así foi, e que foi unha experiencia que efectivamente acadou suceso pretendido e mesmo podería barallar coa posibilidade de ter tirado maior proveito que o estrictamente carnal; xa sabedes aquelo que sempre se dí, iso de que é algo polo cal todo home -que se teña por tal, claro- debería pasar nalgún momento da súa vida. Nunca antes me vira naquela tesitura, creo que posibelmente non repetirei iso de recibir aloumiños e caricias que un non encontra doutra maneira por unha simple transferencia económica. Sincerándome engadirei que non se pode atopar a plenitude nen aquelo que entendemos por amor nunha prostituta mais, facendo a correspondente reflexión, direi que sí o cariño e o consolo para aquel que se sinte baleiro e tan sozinho coma min. Digamos que é un substituto eficaz sempre que o camufles tras un bon disfraz de viño e a conseguinte máscara de alcohol. Resulta algo artificial, mais o seu corpo, o corpo da puta, é igual de acolledor e quenturento que o de calquer outra muller; quizais non demostra tanto entusiasmo pero si maior pericia, que conste; non se lle poden negar os seus máis que merecidos méritos. Para a vosa información direi que non tomei a molestia de preguntarlle máis ca o seu nome e a súa procedencia... Non sei se dixo colombiana ou venezolana; era algo máis nova ca min ou iso creo; certamente tanto teñen agora eses detalles e ademáis coa enchenta alcohólica... nin lle entendín nin me preocupou en demasía. Supoño que sería absurdo entablar maiores dialogos, a fin de contas ela estaba traballando, gañando o seu pan e eu disposto a que me correspondera con aquelo polo que eu paguei. De camiño a casa, a conciencia quixo facer acto de presenza unha vez máis; eu vina asomar a cabeza á volta da esquina, pero, por unha vez, alcei a voz e mandeina tomar polo cú. Coa axuda dos meus dous compañeiros, compañeiros digamos de "fatigas", puteiros igualmente, corrimos detrás dela, mantándoa brutalmente a patadas... Hoxe viña a súa foto no xornal "La Región", a miña, a nosa, conciencia alí tirada, no medio dun charco de sangue á beira mesmo da fonte das Burgas. Espero que se nos desculpe... foi sen querer."

25.12.05

Lingua

Nomes
Os ollos, as estrelas,
os paxaros, o millo,
o loureiro, a miñoca
cega, a cobra axexando
as augas no penedo
debulladas, o seme,
o ovario, o vento xoven
que espalla e nos sementa.
Tamén o sangue morto
do sol voltando á touba.
Os ollos, os oídos,
a boca, o bafo, os poros,
o recendo da terra.
As ás destas palabras.
O universo. Unha lingua.
Antonio Domínguez Rey Rianxo 1945 Non sei que opinarán os filólogos... mais non coñezo definición máis simple, perfecta e fermosa para expoñer a razón pola cal este pequeno grupiño de xente, nós, os galegos, teñamos ese particular vehículo expresivo co que plasmar a nosa visión do mundo. Asdo. Eáns de Cotón.

O que me deixen...

Preguntaronlle ao cativo que quería que lle trouxeran os reises... el sen pensalo contestou... o que me deixen! Calei, sonrrín e comprendín -por unha vez- que quizais a batalla aínda non estaba perdida. Asdo. Fernán da Veiga.

21.12.05

Servizos de "intelixencia"

Pensar que eses autodenominados "servizos de intelixencia" americanos perden o seu tempo malgastando os seus esforzos en espiar e investigar a vexetarianos e ecoloxistas é un detalle que chega a ter o seu pequeno puntiño idealista -deixando á marxe o corte de liberdades que supón, obviamente-. Cando escoitei a nova na radio o primeiro que pensei foi en titulares de prensa do tipo "Detida unha muller por ir armada cunha perigosa calabaza, medio quilo de mazás e un feixe de grelos" ou "Investigan en Lalín a un sospeitoso por non querer probar un anaco de lacón"... foi coma quen -dada a inxenuidade e ilusión teórica que producen estas tamén teóricas entrañabeis datas- os terristas e os asasinos colgaran os rifles e as bombas, coma quen que os policias non tiñan nada mellor que revisar que as bolsas da compra. Oxala fosen tan simples e graciosas as cousas mais non o son, todo o contrario, a realidade é moito máis fea, fría e cruel e non hai lugar a soños nin ilusións deste tipo. Quizais se trate dunha inocentada adiantada. Tamén pode ser. Asdo: Fernán da Veiga.

19.12.05

Sempre o mesmo

Despois da vaga de chapapote que asolou o noso mar e deixou asfaltada a nosa costa, despois daquilo... agora nos queda aturar, mirar coa impotencia de quen nada pode facer, como van convertir o noso litoral, aquelas zonas máis virxes e fermosas que quedan, en urbanizacións de ladrillo e formigón, para que os de madride -os das grandes constructoras- enchan o peto e os guiris teñan un recanto tranquilo onde poñer o cú ao sol, a pé de praia. É algo que me provoca arrepíos. Confeso que onte malamente puiden durmir pensando no tema, claro que onte collín algún que outro libro de poemas que falan do amor á terra, ao mar, ao curruncho que temos por país e que tan pouco nos merece. Dame noxo pensar que pese ao cambio, nada cambiou, xa que todo segue igual ou peor. Non hai quen lle vaia por freo a estes piratas antes de que estraguen entornos privilexiados como o da Praia de Baroña, lugar mítico, maravilloso e especial como poucos? Outra volta estamos S.O.S, outra volta impotencia ante unhes políticos impresentabeis, ocupados en quedar ben bonitos nas fotos e en gañar cartos; é obvio, sempre o mesmo. Renegados! Esquirois! "Hijos de Tal por Cual"... Chamariavos vendidos pero sei que respostariades asiña dicíndome... "vendidos, sí... pero, amigo, a que prezo!!!". Asdo: Xoán de Requeixo

18.12.05

Chapa e pintura

Esta foi unha fin de semana tranquila e laboriosa, resultado da perfecta división do traballo de xeito que un pouco lle correspondeu á familia, outro pouco ao xardín e o resto, esa miguiña pequena e nocturna, quedou reservado para consumo persoal que adiquei á limpeza e reparación (chapistería "feita na casa", xa sabedes) da miña modesta e vella vespa. Mañá unha mauciña de pintura e á carretera, "nova do trinque". Oxala todo tivera tan fácil remedio, non si? Asdo. Fernán da Veiga

17.12.05

Prevaricación

prevaricación (Del lat. praevaricatĭo, -ōnis). 1. f. Der. Delito consistente en dictar a sabiendas una resolución injusta una autoridad, un juez o un funcionario. A Real Academia da Lingua Española deixa ben claro en que consiste ese delito chamado prevaricación. Eu modestamente pregúntome como se lle pode denominar ao feito de meter na cadea a alguén (véxase, Capitán Apostolos Mangouras) a sabendas de non ser el o responsabel da catastrofe acontecida co petroleiro Prestige. Por suposto non xulgarei eu se houbo tal prevaricación ou non, para iso está a xustiza e os xuices, simplemente direi que as evidencias pesan o seu. Asdo: Xoán de Requeixo Pd: Por se alguén non se da por enterado. Este comentario non vai contra o xuíz que dictaminou tal ingreso se non contra aqueles que ocultaron, mentiron ou manipularon aqueles feitos.

15.12.05

As Ilusións Perdidas Hoxe, 15 de decembro de 2005, probablemente rubriquei o fin dunha etapa da miña vida. E digo “probablemente” por unha máis que xustificada prudencia, producto de unha máis que dilatada experiencia universitaria. Parece que chega a xa máis que temida pregunta do “¿e agora qué?”... No meu caso esa pregunta xa me ronda a cabeza dende fai algúns anos… digamos que fun chegando a esta etapa da vida de maneira progresiva, aferrandome a esta última proba e demorándoa o máis posible de forma inconsciente, temendo o momento en que chegase. Durante todo este tempo funme decatando pouco a pouco de que agora, con case trinta anos, a vida e moi diferente a como eu a imaxinara. Todo aquelo que pensaba ser, facer, ter,… tódolos obxectivos que pensaba acadar quedaron en nada. Tódalas ilusións creadas foron diluíndose durante todo ese tempo ata desaparecer. Aquel neno que sabía moi ben o que quería ser de maior deu de fuciños coa realidade que pouco a pouco foi mostrando a sua verdadeira cara, tan diferente á imaxinada. Tódolos proxectos e ilusións que un vai formando no seu maxín quedaron arquivados nunha caixa de cartón cun letreiro que di: “TOP SECRET, o material que contén esta caixa é de acceso restrixido”, agardando o día no que poder abrila e facelos realidade. Ese día achégase, pero a caixa vai ficar pechada, porque todas esas ilusións desvanecéronse neste progresivo encontro coa vida real. Este último ano (o que culminou o proceso) a disolución foi completa, agora que se aproxima o momento temido, é máis temido ca nunca, porque xa non quedan ilusións para afrontalo. Despois virá un espazo, un “intre” atemporal cuio final só o marcarán as circustancias. Un tempo de incertidume tralo cal poder encamiña-la vida de cada un. Podo dicir, sen temor a trabucarme, que este 2005 que está a punto de rematar foi o meu particular “annus horribilis”, sen dúbida. Foi a culminación dese proceso de desilusión que durou varios anos e que me levou ata este momento particular da miña vida, polo que case todos pasamos a fin de contas (dunha maneira ou doutra), e no que me teño que enfrontar case sen argumentos ó xa coñecido “¿e agora qué?”. Por iso estou desexando que chegue a noite do dia 31, para enterrar ó ano 2005 no pasado e na historia, quedando só coas cousas boas (que tamen as houbo, non vaiades pensar) e coa ensinanza do sufrido, para que non se repita nunca máis. Lín nalgún sitio, non lembro onde, que comezar un ano novo é como estrear un caderno novo, coas suas follas brancas e lisas que arrecenden a papel recen cortado, no que escribir as verbas que contan a historia da nosa vida co sinxelo placer que da o facelo na esperanza de non cometer os mesmos erros do pasado. Pois ben, parece que xa chega o dia no que desfacerse deste vello caderno que estou a punto de rematar, que ten demasiadas paxinas cheas de tristuras, desilusións e desánimo e que ademáis están engurradas pola humidade de bágoas que levaban moito tempo acumulándose. Dentro duns días comezarei a escribir nun novo caderno, e para entón pode ser que xa me atope nese tempo de “incertidume” no que terei que renova-las ilusións e facer novos proxectos acordes coa nova situación e así dar resposta á fatídica preguntiña. Pero para entón saberei máis cousas da vida das que sabía antes, a fin de contas os males sufridos no pasado son a experiencia do futuro. Ademáis, pode que agora non teña ilusións, pero nunca perdín a esperanza de recuperalas… o tempo que me leve facelo,… iso é outra historia. Trasancos. P.D: Para todos aqueles que coma min, ainda non atoparon ilusións novas que substitúan ás que se perderon no camiño. P.P.D:Aquí viña a letra de unha canción que resumía moi ben como me sinto, pero ó final decidín que ficase só para min... sintoo, será doutra vez.

13.12.05

La ley del fumar

Estamos a pocos días de que entre en vigor la nueva ley antitabaco en España. Sin duda es una ley que va a causar polémica desde el primer día de su aplicación, pues ya cuando fue aprobada empezaron las críticas. Y mi opinión es, sin duda, que las merece, pero no en el sentido, quizás, que la gente piensa, sino todo lo contrario. Considero que es una ley insuficiente, pues a los no fumadores, como yo, sinceramente en poco nos ayuda. Está muy bien que en los puestos de trabajo esté totalmente prohibido, pero a la hora del ocio, por ejemplo, radica el problema principal, y es que el tiempo dirá si no creará conflictos entre las propias amistades de una pandilla de amigos. Y es que muchos locales, yo diría que la gran mayoría, ya que son muchos los que miden 100 metros cuadrados o menos, la ley le da al empresario la opción a elegir qué hacer, si dejarlo como está (sería lo óptimo para los fumadores), u optar por cambiarse en pos de la ley, y hacer de su establecimiento un lugar libre de humos. Quizás aquí aparezca una valoración mía que puede ser equivocada, pero considero que la mayoría optarán por la vía de dejar las cosas como están, ya que no perderán a los fumadores que iban y, lo triste viene aquí, tampoco a los no fumadores que iban por allí. Y digo esto porque, tristemente, ahora los malos de la película pasaremos a ser los no fumadores, puesto que a partir de ese momento, el no querer entrar en un local con humo generará cuanto menos miradas de odio por parte de los que ven que su vicio es hoy peor visto que antes. ¿Qué libertad tengo para elegir un local donde tomarme unas copas? ¿Tengo que buscarme amigos que no fumen? ¿Soy yo el malo al no querer entrar en el "chimenea bar" de turno?. La única pega de estos locales será que entonces no podrán entrar niños menores de 18 años. Esto a mí me parece la mayor hipocresía de esta ley. Qué pasa, ¿que sólo queremos salvaguardar la salud de nuestros hijos hasta los 18, porque luego ya si podrán intoxicarse? Si no queremos que fumen, y que no tengan que tragar ese humo será para siempre, no hasta los 18 solamente. Se me dirá que a partir de 18 ya son ellos quienes elijan pero... ¿no es la idea el que deje de fumar todo el mundo? Así que eso no me vale. Los hosteleros que opten por un local sin humos saben que tendrán dos grandes hándicaps: la pérdida de sus clientes nicotinómanos, y el coste de readaptar su negocio. ¿Estará eso a su alcance económicamente? Lo dudo. Para mí la ley debería prohibir taxativamente fumar en cualquier sitio cerrado que no sea tu propio hogar o tu coche. En Italia, por ejemplo, no se puede fumar en ningún lado salvo en tu casa. Me parece perfecto, para mí esa es la solución. Pero, compañeros, la gran incongruencia de todo esto es que el Estado ganará en salud para sus conciudadanos, pero perderá ingresos. ¿Soluciones intermedias? Desde el primer día en que me enteré de lo de esta ley, he escuchado en los informativos la creación de inventos para que los fumadores y los no fumadores pudiesen compartir local sin molestias para los abstemios del tabaco. Siempre se les nogó la idea. ¿Por qué? ¿No es posible que se desarrolle un buen producto que sea capaz de tragarse todo ese nocivo humo y deje el lugar apto para cualquiera? ¿Por qué se dijo que no desde el primer momento? Así no se perdería el volumen de negocio de Altadis, y la subida de los precios del tabaco (también abogo por ello) debería destinarse a los costes sanitarios que genera el tabaco. Yo no quiero perjudicar a los fumadores, son libres de hacer lo que quieran, eso si, respetando a los que el humo les es molesto. Nunca estaríá en contra de medidas de ese tipo: se permite fumar, pero sin que yo me tenga que tragar toda esa contaminación y que mi ropa llegue apestando a casa. Por eso, la ley me parece incompleta e hipócrita a mansalva, y creo que, o una ley más estricta, como la italiana, o híbridos como éste de recurrir a la tecnología podrían ser más beneficiosos para todos. Otro tema es las ayudas del Estado a los fumadores que quieran dejarlo (no a los que no, pues dirán que no sirven de nada -se necesita voluntad, ¿saben?-). Debería haber todo tipo de cursos subvencionados para esa gente consciente del daño que se están haciendo a ellos mismos y a sus allegados (porque esa es la idea, ¿no, señores del gobierno?). Y sin duda, ayudar a los empresarios a adaptar sus estructuras a la ley antitabaco. Porque es muy fácil sacar una ley, lo difícil, caballeros, es implementarla. Gracias a los que han leído hasta el final. Un saludo.

11.12.05

Realidade teimuda

Hoxe veñen na prensa as gravacións que demostran que todo sucedido co "accidente" do Prestige foi unha decisión política, non técnica, e que esta foi tomada ás poucas horas de darse o aviso de emerxencia. Todas elas son cousas que todos supoñiamos, tiñamos o convencemento de que o acontecido, esa sucesión de despropósitos non era casual, se non propia dunhes impresentabeis representantes políticos. Así foi. Agora que os documentos demostran o que xa demostrara a cruel realidade a máis de un e a máis de dous se lle deberían pedir contas, mesmo xudicialmente, para que lle dean as merecidas explicacións a todos os que observamos con aquela rabia e aquela dor, aquela impotencia, como se fraguaba a xogada. Hai que manter fresca a memoria e non deixar que nos tomen por simples monicreques idiotas. Debemos lembrar as actitudes, os feitos, as palabras e como non, lembrar aqueles "hilitos" que aínda hoxe nos teñen chapapoteado o recordo. Asdo. Xoán de Requeixo. Pd: Alén do anterior tamén é obrigado reclamar medidas e non calar Nunca Máis. Esto último vai polo reparto dos barcos anticontaminación; reparto no que novamente Galiza fica fóra.

Leyendas

"A un estanque mágico llegaron un día a bañarse la tristeza y la furia. Y juntas las dos se quitaron la ropa y entraron en el agua. Al acabar, la furia salió rápidamente, ciega y apresurada, y se puso la primera ropa que encontró, que resultó ser la de la tristeza. Pero ella no notó nunca la diferencia. La tristeza, siempre cansina y dispuesta a quedarse donde llega, se tomó mucho tiempo y cuando salió descubrió que no estaba su ropa. Así que se puso la única que encontró, la de la furia. Cuenta la leyenda que desde entonces cada vez que uno ve la furia, despiadada y cruel, uno la mira bien y ve que es un disfraz y que detrás de esa furia está escondida la tristeza." Jorge Bucay

9.12.05

Nevada de Santos


Dous de brincadeira
Brincadeira en copos
Figueira nevada
Paisaxe nevada de Añil (*)
Tomadas durante a recente visita gaiteira polas terras do Incio (Prov. de Lugo), concretamente no lugar de Foilevar. Asdo. Fernán da Veiga (*) As cores desta foto son orixinais. De feito todas as anteriores, dadas as condicións de luz no momento en que foron tomadas, tiñan esa excesiva dominancia do azul sobre as outras cores pero foi correxida, coa excepción desta.

7.12.05

Terceira entrega

Os tempos deben ser chegados, non hai dúbida. Debemos estar ás portas da fin do mundo. É un feito innegabel. Doutra maneira non entendería que un individuo coma min andivese agora -aos meus anos!!- con lerias poéticas e cousas dese tipo. Debe ser a morriña do Outono que me ten trastornado e me trae a mal traer. O poema que adxunto pertence, de igual xeito que os anteriores, á escolma da que xa vos falei eses días. Neste caso trátase dun poema do Celso Emilio. Foi unha lástima non ter dado con el antes, era un bon substituto desa trapallada que escribín no seu día contra a violencia de xenero. Asdo. Fernán da Veiga Muller Esta frol derradeira, brando sono das miñas outas noites, qué donaire de leda campañía nun domingo. Qué anada farturenta os meus vellos amores sempre novos, sempre distintos, sempre unha solpresa, no fío do amencer entre bruidos de tranvías que espertan a cidade. Muller, irmá e nai, nada no aramio dun lonxano teléfonoo do vento. Voz querendosa de azas que acariña os meus camiños tristes. Esposa e filla, meus segredos a cachón sobre a canle do meu peito, dos meus ollos de terra que o mesmo Dios labrou en mármol quente. Eiquí estou i estarei por toda a vida, agora un home, mañá cinza de estrela, sempre fiel á frol dos meus amores, muller, irmá e nai, esposa e filla, catro voces nun beixo, catro patrias nunha soia bandeira estremecida. Celso Emilio Ferreiro Do soño asulagado

4.12.05

Camaleóns

Fai unhes anos había unha morea de xente, na política, na prensa, até os propios mestres da escola, que dicían ter corrido diante dos "grises" do vello réxime... colgábanse inmerecidas medallas, obviamente. Paradoxos da vida... agora todos eles desapareceron... xa ninguén correu diante de ninguén e mesmo acabaremos pensando que nin grises houbo (*). Asdo. Xoán de Requeixo (*) Pese a que pode parecer o contrario, este comentario vai moi ligado á manifestación a prol da constitución e outros "movementos" parecidos.

"Ni chicha ni limoná"

Onte puiden ver por vez primeira unha actuación do cantautor chileno Victor Jara para a televisión peruana. Presentou un dos temas facendo referencia á xente que -dito en versión galega- nin sube nin baixa as escaleiras; aqueles que nin pensan, nin opinan e moito menos sinten... iso é o que significa Ni Chicha ni limoná. A min dende logo ver esas imaxes, escoitar a súas palabras, sentir esas cancións e sobre todo, verlle aquela ilusión na expresión, no xesto, na faciana... non me deixan impasibel e máis á vista do seu dramático final. Véxome felizmente fóra dese grupo dos "Nin chicha nin limoná". Gracias, Victor. Asdo. Eáns de Cotón "Ni chicha ni limona" Victor Jara Arrimese mas pa'ca aqui donde el sol calienta, si uste' ya esta acostumbrado a andar dando voltereta, ningun daño le hara estar donde la papa quema. Usted no es na' ni chicha ni limona se la pasa manoseando caramba zamba su dignidad. La fiesta ya ha comenzado y la cosa esta que arde uste' quera el mas quedao se quiere adueñar del baile total a los golfatillos no hay olor que se les escape. Usted mire, no es na' ni chicha ni limona se la pasa manoseando caramba zamba su dignidad. Si queremos ma'que toca primero hay que trabajar y tendremos pa' toitos abrigo, pan y amistad y si usted no esta de acuerdo es cuestion de uste' noma' la cosa va pa'elante y no piensa recular. Usted oiga, no es na' ni chicha ni limona se la pasa manoseando caramba zamba su dignidad. Ya dejese de patilla' venga a remediar su mal si aqui debajito'el poncho no tengo ningun puñal y si sique hociconeando le vamos a expropiar la pistolas y la lengua y toito lo demas. Usted mire, oiga, no es na' ni chicha ni limona se la pasa manoseando caramba zamba su dignidad.

3.12.05

Reivindicación innecesaria

"Las más elevadas metas que puede alcanzar una mujer son aquellas que conquista partiendo de la nada". Maruja Torres Mientras Vivimos Dito con outras palabras... o movemento demóstrase andando.
© 2005 Timepix/LIFE/Laura Ronchi
Exemplo diso témolo na exposición de fotografía de Margaret Bourke-White: avanzada, rompedora, sen fronteiras, sen límites. Abrangue un amplo espectro temático e histórico; dende fotografía industrial, urbana e rural norteamericana até as duras imaxes dos campos de concentración Nazis, de Corea, de Rusia... Non hai mellor representante do papel que a muller ven xogando dende aquelas (aprox. 1930) até os nosos días; quizais tamén o que vai xogar no futuro. Asdo. Fernán da Veiga.

Proposta 3x5: As miñas preferencias

Escoller os 5 libros, 5 discos e 5 pelis que máis me teñen condicionado na miña forma de pensar pode ser un exercizo extravagante e cunhes resultados pouco trasladabeis aos mais; pese a iso aqui presento a miña cativa selección: En moitos casos non quero encher completamente a lista xa que non considero que os outros candidatos chegaran a deixar unha impronta tan fonda como para engadilos; por dicilo dalgún xeito, creo que desvirtuarian o significado que teñen estes para min. Discos Rattle & Hum (U2) The Joshua Tree (U2) Born to Run (B.Springsteen) The River (B.Springsteen) Sabina e Viceversa, Directo. (todos eles por motivos diferentes pero si podo dicir que teñen marcado moito do que un ven sendo) Libros Sempre en Galiza (Castelao) Historia de Galicia (Benito Vicetto) -Aínda non lin todos os tomos- La Guerra Civil Española (Hugh Thomas) Os camiños da Vida (R. Otero Pedrayo) Películas Amanece que no es poco Asdo: Fernán da Veiga

1.12.05

Segunda entrega

"Quéimame no peito un fogo de amor, que na ausenza medra. Lonxanía que me arredra de ti, mais me apreixa logo. E niste namoroso xogo por esvaír teu engado ¡Todo o que levo ganado é queimarme niste fogo!"
Cantigas do amor perdido. Saudade I. Eduardo Blanco Amor Romances Galegos Atopar ese discreto libriño está dando os seus froitos. Véxase o exemplo, curto e sinxelo pero tan fermoso como directo. Asdo. Eáns de Cotón

As miñas preferencias

Sendo moi complicado falar de cinco obras soamente, cando o abanico é tremendamente amplio, fago unha selección pedindo desculpas a tódolos libros, discos e pelis que por mor da escasa marxe de maniobra non puideron ser elixidas. Películas American beauty La vida de Noa El cartero (y Pablo Neruda) Tesis Airbag Discos (joer, o q me costou decidir...) U2 - Achtung baby Coldplay - Parachutes Jorge Drexler - Llueve Pearl jam - On two legs Radiohead - Kid A Libros Dan Brown - El código da Vinci Sylvia de Béjar - Tu sexo es tuyo Jorge Bucay - El camino de la autodependencia Ian Gibson - Paracuellos, como fue Pablo Neruda - Neruda, sus mejores poemas Termino repetindo o complexo que foi elixir so 5 de cada. Saudos.

Estudando o reparto

Non tardaches nen un só día en comezar a fregar as maos, pensando nas talladas que vas tirar de semellante pastel. Levas moito tempo, moito esforzo, moito suor derramado, moito traballo adicado ao teu propósito pero finalmente vas ter merecida recompensa. Agora que xa está decidida a axuda da c. Económica europea, xa tes "deseñador" que lle dea xeito á cousa, que planifique exactamente, detalle a detalle, edificio a edificio, que parte lle toca a cada quen. E se despois o novo porto resulta inservibel, se é certo que terá que estar pechado unhes meses ao ano por mor do bravo mar, se o futuro da cidade fica certamente comprometido... que lle pidan contas ao rei, ou a Europa, que para iso puxeron os cartos. Daquelas o noso sirciño xa terá amañado un bo retiro, que non o molesten. Asdo. Xoán de Requeixo.