2.11.05

Algo se move na TVG

Seguindo coa temática televisiva do meu compañeiro Paquito gustaríame expresar o meu contento dado que, por fin, a TVG está tomando un rumbo distinto ao acostumado. Refírome ao feito de suprimir un anacrónico producto televisivo, aquel caduco "Encontros", cunha presentadora feita un cadro de tanta pintura, para por no seu lugar un pequeno espazo adicado aos documentais e produccións cinematográficas galegas e así darlle saída ao enorme número de documentos audiovisuais almacenados durante tan longo periodo de tempo. De momento os pasos que están dando son cativos e tímidos pero a cadea semella estar disposta a abrirse a unhes horizontes descoñecidos até hoxe e que, sen dúbida, son moito máis próximos aos valores divulgativos e culturais que desde a súa orixe debería representar esta canle. Asdo. Fernán da Veiga.

1 comentário:

Anónimo disse...

Segundo parece o que máis se move na TVG son os números roxos!!!! Espero que cambien radicalmente a política doente.*

Asdo.

Xoán de Requeixo

* Xogo de palabras.