17.8.05

1936 / 2005

Dende o 36 até hoxe ainda hai moita luz que darlle a boa parte da historia española. Deixar pasar o tempo só conduce a que os erros do pasado se volvan repetir. Nun país como o noso, chámeselle como se queira, onde somentes quedan as estatuas en honor a dictadores e dictadorzuelos, compre redescubrir os campos de traballo, as fosas comúns, os lugares onde unhes e outros caeron, para que todo iso non se borre, que quede a impronta dun pasado bochornoso, de vergonza e que iso sirva para que non teñamos que pasar polo mesmo nunca máis. Iniciativas como esta contribúen á limpeza, á entrada de aire fresco, a descubrir a verdade que os vellos ainda non queren contar. E que por fin... veña onda nos a pomba dourada... da paz. Asdo. Eans de Cotón Quen puidera namorala Alvaro Cunqueiro No niño novo do vento hai unha pomba dourada; quen puidera namorala, quen puidera namorala, meu amigo. Canta o luar e o mencer en frauta de verde olivo; quen puidera namorala, quen puidera namorala, meu amigo. Ten aires de flor recente cousas de recén casada; quen puidera namorala, quen puidera namorala, meu amigo. Tamén ten sombra de sombra e andar primeiro de río quen puidera namorala, quen puidera namorala, meu amigo.

Sem comentários: