1.8.05
Nús
Esta foi unha fin de semana especial. Diría que foi do máis completo dado que houbo tempo para todo, para momentos de baixón e para momentos bos tamén. A mellor maneira de definila é dicir que foi unha fin de semana plena de sensacións, sentimentos a flor de pel, nús en definitiva.
Por unha banda desprazarme até unha paisaxe maravillosa e descoñecida para min, próxima na distancia pero alonxada en canto a singularidade do entorno e a natureza. Era vergonzoso ir presumindo de país sen ter paseado por eses lugares,... esas praias.
Doutro lado, sentirme arroupado por diferentes persoas, a quen, por certo, llo agradezo de corazón e máis ainda cando por fin dou por superado distanciamentos anteriores, certamente dolorosos. Nese senso síntome completamente feliz.
De remate, houbo un pequeno espazo para un reencontro indefinido con quen significou tanto para min. Foi toda unha sorpresa para ambos, nada premeditado e quizais iso deulle unha espontaneidade que doutra maneira non tería. Non sabería como calificalo.
En resumo, neste breve periodo de tempo pasei por unha serie de experiencias vividas con fondura, paixón se se quere, moito máis sentidas que noutras circunstancias, para ben e para mal. Espero poder tirar boas conclusións de todas elas.
Fernán da Veiga
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário