30.8.05

Cimiterio de barcos


Detalle mascarón

Número esquecido
Cando o vin dende o lonxe tiven unha sensación de tristura, pensei que os vellos patróns deixaban abandonados aos seus antigos compañeiros de viaxe, aqueles nos que percorrían o mar nas frías e escuras noites á procura da pesca diaria, do seu sustento. Pensaba que os mariñeiros eran unhes esquirois, que facían algo semellante ao que fan os desalmados que abandonan as súas mascotas nas estradas cando xa non lles fan gracia. Ao achegarme a eles, ao ver e tocar os restos desfeitos da madeira, os motores desparramados pola area, os montes de aparellos ciscados por todas partes,...como corpos reventados de grandes baleas baradas na area, comprendín que nada diso era certo. Como vellos amigos na derradeira viaxe, os patróns dirixen os seus barcos cara o lugar onde finalmente repousarán até desaparecer paseniñamente -como outros desapareceron con anterioridade-, desfacéndose dunha maneira lenta, pausada, tranquila; como si en realidade non se quixeran separar totalmente do seu fiel compañeiro, coma quen ten idea de sair ao mar novamente algún día. Asdo. Eans de Cotón

Entrañas

Xogo de cravos na madeira
Todas estas apreciacións son simples alucinacións, a verdadeira historia é moito máis prosaica.

2 comentários:

Anónimo disse...

Prefiro as apreciacións alucinatorias antes que a prosaica realidade.

Eu, que tamen vin os barcos na sua lenta despedida neste cimiterio, creo que é moi fermoso pensar que simplemente estan alí fundindose co mar que tanto navegaron, non é que agarden volver a navegar por el algunha vez, é que van pasando paseniñamente a formar parte do mesmo para sempre.

Enton seran outros os que naveguen polo mar que xa antes eles navegaron.

Xerión

xurxof disse...

¿Onde queda? Eans, ¿só fixeches esas afotos? Pon o resto no Flickr, que son moi chulas.