20.8.05

Rapapolvo

Hoxe pola tarde recibín un rapapolvo por parte dunha vella amizade... recriminoume moitas, moitas cousas, as cales non é a primeira vez que escoito e non é a primeira vez que obvio igualmente. Comprendín, coma noutras ocasións, que as mulleres non deixan de ter razón cando se poñen... nós, ou eu, ... simplemente preferimos non poñernos, somos coñecedores doutras realidades que a elas se lles escapan... ou é que se nos escapa a realidade a nós? Tanto ten. O que máis feliz me fixo foi a sensación de interese, a preocupación mostrada por alguén que xa non ocupa un lugar específico na súa vida, diría que era algo desinteresado, sen pretender tirar proveito diso; maravilloume pensar que alguén se interesaba por min sen máis, simplemente, por min. Lamentabelmente teño a sensación de que eses esforzos -e outros anteriores doutras persoas que non vou nomear por improcedente- son inútiles, unha perda de tempo pero está ben que os fagan, eu agradezoos moito, de corazón, ainda que non sirvan de máis nada; iso sí, síntese un moito millor e esa sensación non ten prezo. Obrigado a ela e a tantos/as outros/as. Asdo. Fernán da Veiga

Sem comentários: