23.8.05

Síndrome de abstinencia

Pode un ex-conselleiro sentir o mono alimenticio? É unha boa pregunta. Sinceramente eu acho que si, despois de todo, foron moitos o anos asistindo a festas gastronómicas (non son poucas as que se celebran neste país), inaguracións (con pinchos e copa de viño), primeiras pedras (con pinchos e copa de viño), segundas pedras (con pinchos e copa de viño), firmas de convenios (con pinchos e copa de viño)... en resumo, un stress alimenticio que non tiña comparación na oposición, por forza afeita á comida rápida e barateira. Quizais algunha vez pensou en pillar a baixa por exceso de comidas, ou pretendeu cobrar un plus de perigosidade por exceso de colesterol. E agora, claro, unha vez que lle pecharon a billa o corpo segue pedindo, reclamando a súa dose; quere ter nas choras tanto coma nas risas e iso, amigo, non sempre se pode. Desta volta... tocouche dieta. Para remediar esta fame repentina, ponse á cola, esperando pacientemente a súa quenda, que volten os seus ao goberno, pretendendo, iso sí, ocupar o posto do vello patrón para apañar un bo anaco do pastel (desta volta, ración doble), se non agora, quizais mañá. Só é cuestión de tempo. Asdo. Xoán de Requeixo

Sem comentários: