25.8.05

Ouro transparente

Perdoenme os hostaleiros, os turistas, veraneantes, peregrinos, as rapaciñas fermosas que gostan de desfrutar dos días de sol e praia... perdoenme todos. Hoxe por fin chove en Galiza. O simple son das pingas batendo no chan faime sentir ledo, máis tranquilo. Oxalá esta chuva sexa abondo como para apagar todos eses lumes que os desalmados bastardos lle prantan aos montes, á nosa nai terra. Asdo. Fernán da Veiga

1 comentário:

Anónimo disse...

Certo é que chove, certo é tamen que moitos non alegramos, pero tamen é certo que non son os hostalerios e os turistas os máis perxudicados. Os que menos se alegran da choiva son precisamente aqueles que levan xa varias semanas queimando o nosos país. Estes individuos sobre cuios motivos comezo a formar unha teoría. E digo esto porque a pasada fin de semana, durante unha curta estancia nunha aldeiña perto de Silleda escoitei un comentario a un paisano (ó que chamaremos "Manolo") sobre os incendios que me fixo pensar moito.

A cousa en cuestión foi que falando sobre a lume que arrasa o país "Manolo", que por certo coxea da perna dereita (xa me entendedes), deduciu que todo era culpa do cambio de goberno na Xunta. E o certo é que , despois de pensar sobre o asunto, creo que ten razón. Creo que o feito de que teñamos un novo goberno fixo que moitos resentidos, partidarios do anterior, estivesen moi interesados en desprestixiar ó novo executivo. Non estou acusando a ningun partido politico de promover incendios, que quede claro, pero si creo que hai moito partidario de certo partido que pode autoxustificar o feito de queimar o monte como unha "vinganza". O mais irónico é que o feito, xa infame de por sí, de queimar a nosa terra non ten o efecto que eles buscan. Porque si o que qerían era afundir a politica contraincendios da Xunta debían de saber que é exactamente a mesma que a do goberno anterior, que incluso manteñen os mesmos responsables para a loita contra o lume.

Consecuencia: Están queimando Galiza por "vinganza", antepoñendo un sentimento de "revancha" politica ó amor pola sua terra, sin tan sequera acadar o que se propoñen. Iso é o peor de todo e di moito sobre que tipo de persoas apoiaron e mantiveron durante dezaseis anos o antigo goberno de Galiza. Por riba, ainda quedan moitos "Manolos" neste pais que creen xustificdas as suas opinions en contra do goberno por culpa de individuos desta caste.

Non trato de decir que todolos incendios provocados respondan a este pàtrón, por suposto todo esto que digo é indemostrable... e pura teoría. Pero seguro que non escapa moito do maxin de algúns dos individuos que se deciden a queimar un monte o facelo por facerlle "xustiza" a un tal Don Manuel. O máis triste e que sempre hai un "Manolo" os xustifica involuntariamente.

Xerión