Até a Sra. María Pita non o atura
Retoque por Xerión
Alguén dixo unha vez que algo cheiraba mal en Dinamarca, non era certo, non era en Dinamarca precisamente.
Esta cidade da Cruña ten días, como o reloxo do outro, unhes non cheira a nada e outros fede que da noxo, unha peste insortabel que até o máis desensibilizado -que veño sendo eu- non é capaz de aturar.
Pobriña a nosa cidade da Torre... poderás ter ascensor até o Monte San Pedro, trenecitos chucuchú, terraciñas "a la última" en María Pita, pirulí de cores, pronto unha Virxe do Carmen de desproporcionadas proporcións... pero que foi do Rexona??? Acabouse.
Asdo.
Xoán de Requeixo
Sem comentários:
Enviar um comentário