23.8.05

Il capo e la "casa" nostra


Foto realizada por Xerión a unha pintada coruñesa.
Terá que permitirme, Sr. "Padrino", que lle diga que non se pode ser lobo e pretender coidar ovellas. Todo o que vostede fai ou deixa facer en materia de urbanismo entra dentro do legal, a fin de contas, quen redacta e aproba a lei?? Quen manexa información que o cidadán de a pé non ten?? As desfeitas,... o mirar para o outro lado,... as casualidades... poden "parecer un accidente" pero todos sabemos que non o son. Vostede ten clase como para non pringarse as maos facilmente, non é un novato nese senso. Obrigado é recoñecerlle os seu méritos: é intelixente, move moi ben as súas fichas e mesmo ten un aquel de Dandy con acento do país. Xa o dicía o Manqui en Airbag: "Profesional, muy profesional". Quede claro que esta é a miña modesta opinión. Un sempre pode estar errado. Asdo. Xoán de Requeixo

Sem comentários: