10.8.05

Anarquía Lacoruñesa

Outra volta estamos ante a mesma situación. O patrimonio desfeito, os elementos a protexer esnaquizados e os culpabeis negando a evidencia que nos dicta, antes que ningunha outra cousa, a lóxica. Parece que os "anarquistas" gobernan a cidade da Cruña e deixan aos especuladores -aos seus amigos, todo hai que dicilo- campar ás súas anchas. Moitas foron as desfeitas; así de cabeza veñenme á mente os Cantóns, O asilo de Adelaida Muro, recentemente a Casa do Cura e moitas das casas da rúa San Andrés; primeiro baleirandoas, convertindoas en solares e logo, pasados os anos, unha vez xa desaparecida a súa memoria, construidas novamente sen respeitar a imaxe e a estética anterior. Lonxe de protexer o patrimonio, os responsabeis públicos adican os seus esforzos a excusar o inexcusabel, xustificando todo isto con argumentos do máis absurdo, coa aplicación de normativas que eles mesmos teñen deseñado e que ben poderian cambiar se o considerasen oportuno. Despois saen nas portadas dos xornais fardando dun pretendido "curuñesismo" trasnoitado... mentres son complices da destrucción daqueles elementos máis característicos e representativos da cidade herculina. Claro que esta só é unha opinión persoal máis. Asdo. Xoán de Requeixo

1 comentário:

Anónimo disse...

Por sorte hai alguén máis que pensa coma min e non deixan que veñan preocupándose pola agullas do reloxo cando permiten destrozar o resto da cidade, por certo, bastante máis vello e singula.

Asdo.

Xoán de Requeixo