8.8.05
Pedir respeito...
Antes de ler este artigo, botálle unha ollada a seguinte nova , publicada o pasado día 2 de Agosto de 2005 na edición local de Ourense do Xornal "La Voz de Galicia".
Pedir respeito é algo que non pode facer calquera, para poder facelo hai que ter a conciencia ben tranquila, hai que ter unha imaxe impoluta e ter, dende logo, unha conducta intachabel que te sitúe por "riba", no bo sentido, de calquer outra persoa e máis ainda se os cartiños que manexas son públicos, de todos nós en definitiva.
A respeito do folclore galego, da nosa música e máis concretamente da gaita esta persoa -refírome ao Sr. Foxo- ten demostrado ser producto do complexo de inferioridade galego; esa enfermidade que nos meteron pola forza, ao longo dos séculos os señoritos, os caciques, a igrexa, o ensino,... e que, como vemos, maniféstase tanto no relativo á lingua como en calquer outra expresión propia deste país. Semellante visión teñen os que afirman que en galego non se pode ir polo mundo... cando o mundo está feito precisamente por galegos.
Política á marxe... un dos meritos deste señor é o de conseguir que as novas camadas de galegos descoñezan a realidade musical que lles é propia, cousa que non conseguiron anos e anos de desfeita españolista de "torito e bailaora" sobre o televisor.
Espero que os novos gobernantes demostren ter unha visión máis galega, a visión do galego que quere mirar para adiante coa cabeza alta e non vai disimulando a súa condición disfrazado de calquer cousa menos vestido de galego.
Disto último, por desgraza, non podo estar seguro, lamentabelmente en Galiza todos os partidos políticos teñen moito que esconder pero dos erros tamén se pode aprender... se queremos, claro.
Asdo.
Xoán de Requeixo
Para os que non o lembren este señor era o que ía tocando nos congresos... de Xinecólogos
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário