24.8.05
Google talk
Google está pensando en invadir o mundo. Acaba de lanzar un cliente de mensaxería instantánea e permite que os usuarios de Gmail teñan conta aberta. Eu xa non sei que programa empregar. Un Trilian (Pro, que o basico non acepta Jabber), un gratuíto Gaim? O Messenger das narices?
Se eu fose dono de Google, ademáis de non estar aquí escribindo, os seguinte que faría sería crear un novo sistema operativo Googlix, entrar no mundo do hardware GooDivia, facer competencia os medios americanos mediante unha rede de televisión propia BroadGoo compatible con todo e empregando os restos do programa nuclear soviético. Logo mercaría Microsoft, Nokia e o goberno de Australia, os arrexuntaría a todos e crearía un novo sistema político de participación descompensada, colaborativo e só por invitación. Escanearía enteira e poría en Internés a Biblioteca Británica con ligazós en todas as palabras. O seguinte paso sería chegar a cima do mundo e dominalo. Namentras, como non son dono de Google, desfruto co novo xoguetiño.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário