24.8.05

Morte dun inocente

O cruel asasinato do cidadán brasileiro Menezes nas maos da policía inglesa non nos pode deixar frios. Non podemos esquecer tan rapidamente. Unha vez que as mentiras se desmontan, unha vez aboia a realidade nese mar de merda onde viven os politicos temos que reflexionar sobre todo o acontecido. Non foi un accidente, foi un cruel asasinato, un simple toque de atención a todos, unha mensaxe nun sanguento cartaz publicitario para dicirnos "non vos movades, estamos dispostos a todo, nada importa". Acabouse o tempo da liberdade, da democracia, se é que esta existiu algunha vez; volven os tempos escuros. Os cidadáns, ao igual que o foi Menezes, somos os xoguetes, os seus xoguetes rotos; poden facer, unhes e outros, gobernos e terroristas, o que lles pete coas nosas vidas. Novamente pagamos as facturas de políticas absurdas de terrorismo e guerra, unha espiral sen retorno, de sangue e morte. Até cando? Asdo. Xoán de Requeixo

Sem comentários: