Foto extraida do xornal "La Voz de Galicia"
Estou de acordo en que se mostre preocupación pola situación da
figura castrexa de Vilela, Concello de Taboada.
Este é un tema complicado dado que esta escultura ten propietarios demostrados dende fai moitos anos e dificilmente se desfarán dela así como así, dado que, por sorte ou por desgraza, son coñecedores do valor que esta ten. O que está claro é que lexitimamente lles pertence e que, ao mesmo tempo, debe ser protexida. Non hai dúbida, hai que procurar a fórmula para compatibilizar ambas cousas.
Peor sorte corren outras cabezas castrexas, figuras,... que fican gardadas nos salóns de casas particulares, reservadas, non aos seus propietarios que somos todos, se non, probabelmente, aos mesmos ladróns e mercenarios que se apropiaron delas.
Digo esto por que estaba alí quen o víu, eu.
Asdo.
Xoán de Requeixo
PD: Este caso resúltame familiar dada a proximidade coa miña aldeiña.
Sem comentários:
Enviar um comentário