8.8.05

Baixo a luz dos Farois


Festa dos Farois  Foto realizada por Paquito
Noite de irlle polo aire... levando unha "virxe" feita de polas de amieiro e farois de papel. Unha multitude de pequenas luces de milleiros de cores alumeaban o camiñar dunha tropa de xente disposta a facer a festa baixo o son de diferentes bandas e formacións musicais. Habia xente, moita xente, de todas a idades, persoas maiores, cativos e moitas e moi fermosas rapazas (epa!)... pero todos, en grupos do máis diverso, cunha teima en común, desfrutar e pasalo ben até o cabo da noite, apurando até o último minuto. Pensei que non daría chegado pero finalmente fixen acto de presenza... do resto, xa non lembro cousa. Alguén haberá que mo recorde. Saudiños O Pepe das Festas

Sem comentários: