Posta de Sol Cíes / Morrazo
A paisaxe semella idílica dende a lonxanía e dende a distancia que me permite o meu miradoiro particular. O Sol vai deitándose, pousándose lentamente sobre a auga, deixando unha estela brillante sobre o mar, como anunciando unha tranquila despedida. As Cíes sérvenlle de berce no seu soño até o día seguinte.
As paredes brancas tórnanse laranxas por efecto do Sol na súa lenta retirada; o grande astro ilumina os que puideron ser románticos momentos que xa non o serán xamais.
Sabina canta a miña historia na súa "calle melancolía" mentres eu, moi de vagar, vou dando conta dunha cervexa, grolo a grolo, sen presa, pacientemente, como se o meu tempo transcorrese doutra maneira.
Asdo.
Fernán da Veiga
Sem comentários:
Enviar um comentário