Ría de Vigo dende Deilán
Dende un tempo a esta parte Galiza arde polos catro costados.
Un, que anda indo e vindo por todos os seus rincóns, ten a alma algo chamuscada tamén despois de ter visto como os nosos montes desaparecen consumidos polas lapas.
Non quixera aventurar as razóns para tanto lume, acho que poden ser varias: especulación dos terreos,
"mantemento" das cuadrillas anti-incendios, algunha interese escura relacionada coa madeira (non acabo de entender o mecanismo) e por último, probabeis motivacións políticas; evidentemente suposicións todas dificilmente demostrabeis.
Todo pode ser... o único que non debería ser é que o noso monte se queime desta maneira.
Asdo.
Xoán de Requeixo
Sem comentários:
Enviar um comentário