3.8.05

Derradeira estación?

O tren fixo unha parada na estación. Non baixou nen subiu ninguén, non houbo movementos, non houbo nada máis que silencio; Sen pasaxeiros, vaise desprazando polo camiño de ferro paseniñamente, dando a curiosa impresión de que se está deixando levar polo vento. A imaxe non deixa de ser misteriosa xa que nen sequera o maquinista espera recoller máis persoas nen facer parada algunha, simplemente continúa o camiño sen saber moi ben a onde, non se fai preguntas. Teno moi fácil... o comboio vaiche pola vías e non ten moito onde escoller, non hai fallo, el simplemente acepta o rumbo marcado, non se molesta, non se para a pensar se tira cara o norte ou cara o sur... quen nos di que non vai cara ningures??? Seguramente, o caso é que tampouco nos molestamos en avisalo, tamén continuamos o camiño sen preguntarnos máis nada, posibelmente cara ningún sitio tampouco. Fernán da Veiga.

2 comentários:

Anónimo disse...

É unha bonita metafora sobre a desilusión e a deixadez que esta provoca, pero creo que derradeira estación solo hai unha, e todos imos chegar a ela (con ou sen desilusion). O resto de estacions son estacions de paso, nas que un pode pasar de largo, recoller novos pasaxeiros ou deixar vellos compañeiros de viaxe, pode haber reencontros ou despedidas ou incluso podes facer un transbordo a un novo tren con novas compañias, quen sabe. O unico seguro é a estación final, esa xa a coñecemos dende que partimos na nosa viaxe, o que non sabemos e que percorrido fará o tren ata chegar a ela.

Non te amoles... seguro que ainda che quedan moitas estacións, seguro, segurisimo.

Anónimo disse...

A ver Xerión... non sei se acabas de entender o senso do texto que escribín mais non é exactamente así, bon, si e non. Digoo pq. fíxeno de tal maneira que representa unha multitude de cousas. Quen che di a ti que iso da desilusión non é un sentimento que ti estás manifestando? Digamos que é como un espello.
Eu non creo que signifique iso que dis, polo menos para min. Quizais está feito así para que cada un atope precisamente o seu baleiro e xa vexo que contigo deu resultado.

Non me amolo, perde coidado.

Fernán da Veiga