29.8.05

Partida de cart@s

Certas personaxes teñen nos últimos tempos espazo reservado en determinados medios de comunicación. Un, que por galego ven sendo desconfiado, fai tempo que deixou de crer nas casualidades e pensa que quizais estea movendo os seus longos fíos ou cobrando vellos favores (para iso estableceu unha rede clientelar, non vai ser todo tocara a gaita!) e así tentar perpetuarse na mesma cadeira na que ilexitimamente o puxo o anterior goberno. Quen sabe... quizais o gran home que dirixía bandas de marcianos por NY, diante do anterior Papa,... teña medo de que lle retiren -por fin- eses privilexios dos que gozou até hoxe. El move as súas bazas intelixentemente e non ten mala mao, iso sabémolo, mais non perdemos a esperanza de gañarlle finalmente a partida, iso sí, "Necesitamos xente ilusionada" (Ricardo Portela). Xa veremos. Asdo. Xoán de Requeixo.

2 comentários:

Anónimo disse...

Está claro que o individuo en cuestión esta sufrindo un claro sindrome de "abstinencia", necesita tanto daquel protagonismo casi "oficial" que dende o antigo goberno se lle proporcionaba que agora está tratando de utilizar todolos medios posibles para recuperalo, ou cando menos para presentarse como a victima do menosprezo do novo goberno.

Debía saber este señor que a cultura do noso pais xa pagou dabondo as suas pretensións de "marcianizar" algo tan propio dos galegos como é a gaita, e ainda encima cos cartos de todos.

Acabouse o conto, señor "marciano", e que sexa por moito tempo.

Xerión

Anónimo disse...

Eu non correría tan rápido. Como dixen, a partida está en xogo, houbo cambios (na política e no ámbito propio da gaita) pero -lamentabelmente- non sei se serán suficientes como para derrotar este imperio da infamia.

Asdo.

Xoán de Requeixo