18.8.05

Soidade veraniega

Compañeiro... marcharon todos. Aqui nos deixaron abandonados, ficamos só ti e máis eu ante a pantalla do ordenador. Todos eles escolleron irse de ferias, como din os galegos do sur, de vacacións. Poderiamos aproveitar para facer o noso particular golpe de estado pero nin iso tería a máis mínima importancia. Tempo teremos para irlle nós tamén. Que eles o desfruten. Asdo. Xoán de Requeixo

4 comentários:

Anónimo disse...

Tes razon,... o peor de todo e que eu estou fora do "Alpendre"... así que o meu mais que un golpe de estado sería unha invasión, eso si, apoiada dende o interior por unha "Multidão".

Anónimo disse...

Iso está por ver. Eu non dou pé a golpistas nen invasores. Antes a morte ... que tal felonía.

Asdo.

Xoán de Requeixo.

xurxof disse...

Eu sego aquí...

Anónimo disse...

Está visto. O golpe foi abortado. A secreta estaba á espreita.

Asdo.

Xoan de Requeixo.